Mostrando entradas con la etiqueta 3D Pingüíns. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 3D Pingüíns. Mostrar todas las entradas

miércoles, 22 de marzo de 2023

APORTACIÓNS AO PROXECTO

Hoxe o noso compañeiro LEO trouxo á aula material relacionado co noso proxecto. Neste caso, falounos e explicounos características dos PINGÜÍNS: cómo se reproducen, qué comen,...


Non só aportan ao proxecto información senón que detrás deste tipo de actividades, os nenos/as, contándonos o que fixeron en familia na casa, favorecen a memoria e a expresión oral, van perdendo a súa vergoña, séntense importantes ao ser o centro de atención, e isto tamén repercute na súa autoestima e no seu benestar afectivo, entre outros moitos aspectos.


GRAZAS LEO pola vosa aportación ao grupo!!





martes, 21 de marzo de 2023

A PRIMAVERA

Hoxe na aula dos PINGÜÍNS, co gallo de conmemorar o comezo da PRIMAVERA, levamos a cabo a nosa habitual asemblea no patio da nosa escola.





miércoles, 23 de noviembre de 2022

Aniversario de GWENN

Hoxe conmemoramos na aula o aniversario de GWENN que cumpre 3 ANOS.
Cantámoslle o "cumpreanos feliz", abrazámola,... e ela agasallounos cun fermoso conto que limos despois na aula.





Moitas grazas GWENN e moitas felicidades!

viernes, 18 de noviembre de 2022

Fin de semana con PINGÜI

Dende a semana pasada, temos en marcha unha nova actividade de aula que consiste en que PINGÜI poida saír da aula cada fin de semana e pasar este tempo de lecer co noso alumnado.
Cada venres, un neno/a da aula levará un maletín coa nosa mascota para que disfrute dela, e posteriormente nunha cartolina plasmará aquelas actividades que compartíu.

Comezou a nosa compañeira ELI que disfrutou de PINGÜI a fin de semana pasada, e o luns contounos na aula todo aquelo que fixeron xuntas!



A quen lle tocará disfrutar da nosa mascota este fin de semana?


jueves, 17 de noviembre de 2022

Os PINGÜÍNS na aula

Aquí tendes unha mostra máis do ben que o pasan os PINGÜÍNS na aula. E como ten que ser, xogan e se divirten mentras aprenden.











martes, 15 de noviembre de 2022

Aniversario de Eli

Estes días pasados foi o aniversario de ELI , que cumpríu 3 anos.

E como agasallo, regalounos un barco pirata que iremos pintando e completando nestas próximas semanas.


Moitas grazas e Felicidades ELI!!






Contribucións á aula dos Pingüíns

A continuación vos deixamos unhas fotos coas últimas contribucións dos PINGÜÍNS á nosa aula:


VEGA aportou material do outono


LOIS contounos cómo elaboraron na casa a súa cabaza


MOITAS GRAZAS polas vosas contribucións! 


martes, 4 de octubre de 2022

Pingüi adaptados

Rematado o periodo de adaptación, os "novos" PINGÜÍNS xa están en marcha: xa coñecen as rutinas e os hábitos da aula e do centro, e agora toca "subir unha marcha" e aprender máis mentras se divirten.












martes, 27 de septiembre de 2022

Unha nova xeración de Pingüíns

Neste mes de setembro, incorporouse unha nova xeración de nenas e nenos á aula dos PINGÜÍNS onde aprenderemos moito e medraremos todos xuntos nun clima de confianza e alegría. E como tal, xa comezamos nesta nova andaina. Disfrutade connosco!!

PINTANDO O MONSTRO DE CORES





MERENDANDO NA AULA





Este novo alumnado levará, polo tanto, durante os vindeiros 3 anos, o alcume dos "PINGÜÏNS".