Mostrando entradas con la etiqueta VILA LAURA NAS ONDAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta VILA LAURA NAS ONDAS. Mostrar todas las entradas

miércoles, 27 de mayo de 2026

Día das letras galegas en Vila Laura

Durante a semana previa ao 17 de maio realizamos unha serie de actividades propostas desde o equipo de dinamización da lingua galega para conmemorar o día das letras galegas adicado a Begoña Caamaño.

As Xirafas indagaron sobre a vida de Begoña Caamaño e fixeron unha pequena entrevista na radio realizando un podcast onde entrevistados e entrevistadores falaban un pouco dela. Asemade contáronnos os xogos populares que iamos facer todas as aulas no patio.

            https://drive.google.com/file/d/1HsJBol0cHv81i0W-9rGgQPoJIofs_fAu/view?usp=sharing

No seguinte vídeo podedes ver os distintos xogos dos que disfrutamos: petanca, carreira de padiolas, zancos e aros. 

O xoves saimos todos xuntos ao patio e cantamos a cantiga "Begoñísima" de Uxía e Malvela que disfrutaron moitísimo.

Rematamos os actos conmemorativos das letras galegas cunha sesión especial sobre Begoña Caamaño e a cantiga As árbores da fraga de Fol do Vento sobre as árbores galegas a cargo de Rosa e Elena, dúas mestras eméritas da nosa escola sempre dispostas a colaborar.

domingo, 26 de abril de 2026

Directo na Radio Galega

Este tercer trimestre os nenos e nenas de 6º de infantil comezamos co proxecto "Somos Xornalistas" e aproveitando que a tía de Mara é periodista achegouse a nosa escola para explicarnos como se fai un informativo, como é un plató de televisión e todo o equipo que está detrás dos informativos. Presentounos a Xabarín, a mascota da programación infantil e despois dividímonos en grupos que serían as nosas seccións e fixemos unhas pequenas gravacións de entrevistas que estanse a editar. Será toda unha sorpresa!

Con ela fixemos unha conexión en directo co programa de radio da TVG e regaláronnos unha mochila de Xabarín que nos encantou.

Moitas grazas.




domingo, 15 de febrero de 2026

Contos cantados

As tartarugas participan nunha xornada de Radio escolar para celebrar o Día Mundial da Radio contando e cantando este conto.


martes, 18 de noviembre de 2025

Para celebrar o Día Internacional do Patrimonio Cultural Inmaterial a aula das abelliñas fixeron un podcast describindo algunhas palabras relacionadas co magosto e ao mesmo tempo elaboramos un libriño onde as recoñemos e quedará na biblioteca para a súa visualización.

Se clicades na imaxe podedes escoitar o podcast.

O tedes tamén na páxina web do cole.



martes, 28 de octubre de 2025

Visita dos maiores ao Museo Liste

 
Os rapaces e rapazas de 5º de Educació Infantil visitamos o Museo Liste e decubrimos as orixes do Samaín, unha festa Celta de hai máis de 2000 anos. Adentrámonos nun túnel terrorífico en busca de tesouros aterrecedores para levar á tumba e fixemos a nosa árbore chea de pantasmas, cabazas, morcegos...



viernes, 7 de marzo de 2025

VILA LAURA NAS ONDAS

 Podcast  para celebrar o Día Mundial da Radio da man da aula dos Piratas.

Podcast dos Piratas

jueves, 21 de noviembre de 2024

Vila Laura nas Ondas

Xa temos o primeiro podcast deste curso publicado na páxina web do cole, escoitamos a clase dos Pingüíns cantar a canción "Non chas quero" e unha entrevista a Rosa recollendo información sobre a celebración do magosto.

Podcast da entrevista a Rosa sobre a tradición do magosto


martes, 18 de junio de 2024

Exposición Imaxes do Patrimonio: "Unha viaxe no tempo"

Con motivo da participación no 7º Certamen da recolla de Imaxes do Patrimonio galego-portugüés realizouse una Exposición na Biblioteca do centro. Un reflexo do traballo recollido móstrase no seguinte vídeo.
Queremos agradecer as familias a súa implicación xa que sin a súa participación esta actividade non sería posible e, pedimos tamén disculpas por non poder mostrar todas e cada unha das imaxes recollidas, invitándovos a visitala durante esta semana, do 17 ata o 21 de xuño en horario de 14:00 a 14:30 h e de 16:00 a 17:15h

 


 https://drive.google.com/file/d/1e8w-iG_3i_ZFMPsgVme2SwTQpZzGW67j/view?usp=sharing

sábado, 17 de febrero de 2024

O entroido dos nosos avós e avoas.

Durante a semana do Entroido visitáronnos os avós e avoas para contarnos como vivían o Entroido cando eran cativos. 
Fixemos un percorrido por Vigo, Pontevedra, Cangas, Serra do Outes, Silleda e Pobra do Caramiñal. Faláronnos da súa vestimenta, das festas e tivemos a sorte algúns de probar unhas boas filloas.

Grazas a todos pola vosa participación.

https://drive.google.com/file/d/1fsGIZ54mGLacSEhbtYhmlsCO1iMhI3Gk/view?usp=sharing

Ademáis, dende Vila Laura nas ondas recolléronse as entrevistas que os nenos e nenas fixéronlle aos nosos maiores. 
Tedes os podcast na páxina web do cole.
Abelliñas e Xirafas: https://www.edu.xunta.gal/centros/eeivilalaura/?q=node/411
Piratas e Astronautas: https://www.edu.xunta.gal/centros/eeivilalaura/?q=node/412
Osiños e exploradores: https://www.edu.xunta.gal/centros/eeivilalaura/?q=node/413
Xoaniñas: https://www.edu.xunta.gal/centros/eeivilalaura/?q=node/414