Durante a semana previa ao 17 de maio realizamos unha serie de actividades propostas desde o equipo de dinamización da lingua galega para conmemorar o día das letras galegas adicado a Begoña Caamaño.
As Xirafas indagaron sobre a vida de Begoña Caamaño e fixeron unha pequena entrevista na radio realizando un podcast onde entrevistados e entrevistadores falaban un pouco dela. Asemade contáronnos os xogos populares que iamos facer todas as aulas no patio.
https://drive.google.com/file/d/1HsJBol0cHv81i0W-9rGgQPoJIofs_fAu/view?usp=sharingNo seguinte vídeo podedes ver os distintos xogos dos que disfrutamos: petanca, carreira de padiolas, zancos e aros.
O xoves saimos todos xuntos ao patio e cantamos a cantiga "Begoñísima" de Uxía e Malvela que disfrutaron moitísimo.
Rematamos os actos conmemorativos das letras galegas cunha sesión especial sobre Begoña Caamaño e a cantiga As árbores da fraga de Fol do Vento sobre as árbores galegas a cargo de Rosa e Elena, dúas mestras eméritas da nosa escola sempre dispostas a colaborar.


No hay comentarios:
Publicar un comentario