Rematamos os obradoiros organizados polo Concello de Viga da campaña "Camiña con nós pola Igualdade" contándolle ás aulas das Tartarugas e Xirafas o conto "Nos tratamos bien", de Lucía Serrano. Magnífica historia sobre a amizade, o respeto e a importancia de tratarnos ben.
Fixemos dous obradoiros, un debuxo onde a través das cores reflexan o que lles facía feliz e outro taller onde con perrucas, antefaces, gafas e distintos elementos transformaban a cada un deles.
No hay comentarios:
Publicar un comentario