martes, 22 de diciembre de 2020



PANXOLIÑAS DOS NENOS E NENAS DE VILA LAURA!!!

VÍDEO DE 3 ANOS



VÍDEO DE 4 ANOS:


VÍDEO DE 5 ANOS:

 


OS REIS MAGOS ESTIVERON NO COLE!!


Hoxe ao chegar ó cole atopámonos cunha gran sorpresa!!!








Clica na foto ou no enlace de abaixo para visualizar o vídeo:

VISITA DOS REIS MAGOS 

martes, 1 de septiembre de 2020

 Consultar a páxina web para informarse deste novo curso 2020/21

http://www.edu.xunta.gal/centros/eeivilalaura/?q=blog


jueves, 2 de julio de 2020

jueves, 18 de junio de 2020

VÍDEO DOS OSIÑOS

Hola OSIÑOS y familias, este curso fue un curso diferente porque de repente cambió todo y el cole tuvo que seguir desde casa... pero lo habéis hecho genial. Ahora toca descansar y disfrutar del verano... en Septiembre nos veremos con más ganas que nunca. Un abrazo enorme ❤Vanessa



https://drive.google.com/drive/folders/1BqZwubQW2l4My4dfNKV5pWuD9alwaO8W?usp=sharing

domingo, 14 de junio de 2020

VÍDEO DOS EXPLORADORES


A profe Marta, da aula dos exploradores, déixavos un vídeo onde recolle traballos da aula e outros que lle achégastedes ao londo destes meses de confinamento.




Podéis verlo también clicando en el siguiente enlace: https://drive.google.com/file/d/1iSgYzEOb5H9sKvTshKfN7A2Pnfajw2f5/view?usp=sharing

viernes, 12 de junio de 2020

ACTIVIDADES DA SEMANA 15 DE XUÑO

Última semana de actividades!!! Señal de que remata o curso e empeza o verán!! Tempo para disfrutar, xogar e seguir aprendendo no día a día con todo o que acontece arredor de nós.

Felicitaros a todos/as pola vosa dedicación e traballo e vémonos en setembro!!! Esperemos que todo volva a normalidade o antes posible.

E aos nosos nenos e nenas maiores, desexarlles un bo comezo do curso en primaria!!! Botarémolos de menos, moitos bicos e apertas!!!

ACTIVIDADES DE 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL

https://drive.google.com/drive/folders/1-ZIFAvMaRZrEAldW1rkbjU7sgAGjl_yh

ACTIVIDADES DA HORTA

https://drive.google.com/drive/folders/1xScOpV59gOMe1wncagmIMvdrjNxlnxKf

lunes, 1 de junio de 2020

Ola Familias,
esperamos que pasásedes unha boa fin de semana. Empezamos o mes de xuño, e con él xa estamos moi preto do verán... Cada cambio de fase podemos facer máis cousiñas e iso nos dá máis forza e ánimo!!!

Deixámosvos os enlaces das actividades para esta semana:


ACTIVIDADES DE 4º EDUCACIÓN INFANTIL

https://drive.google.com/drive/u/1/folders/1nPLK4Y_noWBz7XUkvKc6gDs6evOTP9Oq 

ACTIVIDADES DE 5º EDUCACIÓN INFANTIL

https://drive.google.com/drive/folders/10L5r-fiOZZhTsixCjqb_phwDf06KddDT?usp=sharing


ACTIVIDADES DE 6º EDUCACIÓN INFANTIL

https://drive.google.com/drive/folders/1OlYIwxD9f9sdllzJ9cg8rR5w7AcuFSR4?usp=sharing

ACTIVIDADES DA HORTA

https://drive.google.com/file/d/1Bxz3Qd2rJxQhboBk17p3vTr_RRwcnSa9/view?usp=sharing


miércoles, 6 de mayo de 2020

viernes, 24 de abril de 2020

RECOMENDACIÓNS DE COMO E CANDO SAÍR A RÚA

Aquí tedes un precioso conto que vos vai guiar, e sobre todo os máis pequenos van a entender mellor como temos que saír a rúa, que podemos facer e como facelo.



sábado, 18 de abril de 2020

OS NOSOS PEQUES TAMÉN TEÑEN ALGO QUE CONTAR...

Os cativos da nosa escola mandaron unha foto nestes momentos tan difíciles para darnos a nós as mestras/es e sobre todo aos seus compañeiros/as ánimo e moita forza para seguir adiante, desexando vernos pronto.

MOITAS GRAZAS FAMILIAS POR ESTAR AHÍ SEMPRE.

VIDEO DE 4º EDUCACIÓN INFANTIL:



martes, 14 de abril de 2020

ACTIVIDADES DA SEMANA 14 DE ABRIL

Comenzamos o tercer trimestre e seguimos nas nosas casas agardando a que todo vaia moito mellor para poder saír e vernos, pero mentres tanto tócanos seguir sendo fortes e dende aquí desexámovos boa saúde e moito ánimo!!

Coma sempre tedes as actividades propostas nos seguintes enlaces:

ACTIVIDADES 4º EDUCACIÓN INFANTIL

ACTIVIDADES 5º EDUCACIÓN INFANTIL



ACTIVIDADES 6º EDUCACIÓN INFANTIL

viernes, 3 de abril de 2020

LIBROS, CONTOS, SOÑOS....

A través da plataforma Galicia Le, podedes acceder en préstamo a tódolos contidos dixitais da rede de bibliotecas públicas de galicia. Neste vídeo explican como acceder.





Neste enlace tedes contos, cancións e algunha actividade moi interesante
https://www.salondolibro.gal/salon-virtual/

A través deste enlace de Kalandraka podedes escoitar contos polos seus autores ou ilustradores e poñerlle así cara ós "inventores de historias"

http://kalandraka.tv/es/seccion4.php

viernes, 27 de marzo de 2020

lunes, 23 de marzo de 2020

ACTIVIDADES DA SEMANA 23 DE MARZO


ACTIVIDADES PARA 4º EDUCACIÓN INFANTIL

https://drive.google.com/open?id=1BJUnT74IvfA5psUlEyGq50b-9XmRTFn0


ACTIVIDADES PARA 5º EDUCACIÓN INFANTIL

As rutinas  da asamblea cada titora mandou as que fan na aula cada una a súa a través da aplicación Remind
https://drive.google.com/open?id=1Y7qUSPQJINXQkm0K61UKO9gMhjf69ZVu

ACTIVIDADES PARA 6º EDUCACIÓN INFANTIL

https://drive.google.com/drive/folders/1G6DQZioKTE3Plt39Od7ERRvbIAdqLavT?usp=sharing

PORTAL APRENDO EN CASA

Na pestaña de familias ofrécense unha relación de ferramentas, webs e aplicacións que vos poden axudar a complementar a formación dos rapaces e a desenrolar actividades de carácter mais lúdico en familia.
Resultado de imagen de portal aprendo en casa

https://aprendoencasa.educacion.es/

martes, 17 de marzo de 2020

ACTIVIDADES PARA O ALUMNADO


Bos días Familias,

En primeiro lugar, gustaríanos manifestarvos o noso desexo de que toda a situación extraordinaria resólvase o antes e mellor posible, e de que todos/as estedes ben de saúde.
Manifestar tamén a idea de tratar de ver sempre ou lado positivo a todo o que nos sucede, pois se afrontan de diferente xeito e con máis éxito cada un dos problemas que nos suscita a vida. Agora é tempo de estar en casa (o/a que poida) e de gozar dos fillos/as, que moitas veces esta sociedade e os ritmos de vida non nolo permite.

Vós, as familias, sodes as educadoras nº1 de vuestrso fillos/as, non o esquezades. O voso labor educativo en casa é e será moi importante ao longo da súa vida académica. En concreto, en infantil, a estimulación que reciben no fogar é de suma importancia e nótase, a posteriori, nas aulas. E aínda que a escolarización apórtanos unha parte moi importante en esta educación como é a socialización, haberá que prescindir desta, aínda que se pode suplir en parte a través de posibles chamadas telefónicas ou videoconferencias a través do whatsapp a familiares e amigos/as.

Como afrontar estes días?  
Creemos que é de suma importancia o manternos activos. Así mesmo, creemos que é necesario establecer rutinas e horarios a diario tanto para facer actividades didácticas como para outras máis lúdicas.
Lembrar que nesta etapa é moi importante o xogo, onde se basea a gran maioría da súa aprendizaxe, e tratar de non abusar das TIC (móbiles, tablets..), nin da televisión.

Estes días, seguiremos en contacto a través do blog e remind, aportando novas ideas e actividades a desenvolver cos vosos fillos así como para resolver todo tipo de dúbidas ó respecto.

SUXERENCIAS :


 4º NIVEL DE EDUCACIÓN INFANTIL
https://drive.google.com/drive/folders/10orfTaB_jIHUooE8xWQbIG2bB8MXd5e0?usp=sharing

 5º NIVEL DE EDUCACIÓN INFANTIL
https://drive.google.com/open?id=1C19Dh9qDl9UPpRdqPUoRxxRrJLEO106F


 6º NIVEL DE EDUCACIÓN INFANTIL

SUXERENCIAS DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
https://www.symbaloo.com/home/mix/propuestaseducativascas

ACTIVIDADES DA TEACHER BETTY
https://drive.google.com/open?id=152E7VOTHFMB1vFdMjhQsnHb7_nWpaC-r

ACTIVIDADES HORTA
https://drive.google.com/open?id=14_TnbfXWpJEh_TqaPFenmLQ3ry3v9Y74


Desexarvos novamente unha boa corentena onde, entre todos, cada un co seu aporte persoal, sexa traballando ou quedándose en casa, conseguiremos vencer este virus e volver á nosa rutina diaria con aires renovados!

Superarémolo, estamos convencidos!

Un abrazo grande de parte de todo o profesorado da E.E.I. Vila Laura


miércoles, 11 de marzo de 2020

8 DE MARZO EN VILA LAURA


CO GALLO DA CELEBRACIÓN DO DÍA DA MULLER TRABALLADORA CANTAMOS TODOS XUNTOS NO PATIO "LA PUERTA VIOLETA" 





lunes, 9 de marzo de 2020

Recuncho dos POLOS

Pouco a pouco, coa aportacións das familias da aula dos PINGÜÍNS, imos creando o "Recuncho dos Polos" onde o noso alumnado aprende e se divirte con todo o material que aquí imos tendo.
E os nenos/as moi felices de poder contar aos demáis todo o que aprenderon e saben.
Grazas, unha vez máis, polas vosas aportacións e polo voso tempo.


GAEL cun puzle que trouxo á aula


LAIA contándonos unha curiosidade, de o por qué dunha extensa mancha rosada na neve da Antártida.

Queredes saber máis acerca disto? Podedes ler máis no seguinte enlace:




MATEO mostrando un mapa, identificando distintos animais e clasificándoos en función de si viven no Polo Norte ou Polo Sur


E así vai collendo forma o noso "Recuncho dos Polos"



domingo, 1 de marzo de 2020

ENTROIDO EN VILA LAURA 2020


Este ano o cole decorámolo empregando materiais de refugallo: botellas, vasos de iogur, rollos de papel... e desfilamos o venres 21 libremente, todos foron o que quiseron ser, transformáronse nunha mañán en todo aquilo que desexaban e que só no entroido é  posible.

GRAZAS FAMILIAS POR ESAS RIQUÍSIMAS E SABOROSAS MERENDAS





viernes, 21 de febrero de 2020

Máis aportacións dos POLOS

O xoves GAEL nos trouxo máis información acerca dos POLOS, con animais feitos en papiroflexia (baleas, focas, pingüíns, osos e zorros polares). A continuación, clasificámolos! Cales viven no polo norte e cales viven no polo sur?
E tamén falamos acerca da "Rosa dos Ventos", que marca os puntos cardinais. Cara onde colleu PINGÜÍN para ir cara a súa casa?




jueves, 20 de febrero de 2020

Obradoiro de antefaces

Onte mércores visitounos a nai de ALMA e con ela levamos a cabo un obradoiro de antefaces que libremente pintaron e decoraron, actividade que lles gustou moito e resultou moi motivadora! Previamente Paola contounos un conto relacionado co obradoiro posterior, titulado "Os disfraces dos animais".

Moitas grazas pola participación!

E animámosvos dende aquí a que veñades a nosa aula a facer cousas cos vosos fillos/as, preferentemente relacionado co noso proxecto: contar un conto, desenvolver algunha tarefa ou actividade,...






Qué ven o pasamos no obradoiro de antefaces!!

lunes, 17 de febrero de 2020

Cousas do Polo

A semana pasada, dúas alumnas da aula dos PINGÜÍNS aportaron novos materiais, contándonos a todos na asemblea todo o que elas saben ao respecto, e mostrando os traballos feitos coas súas familias na casa.
Moitas grazas polas vosas aportacións!


Momento da explicación feita por ANA


Explicación feita por NORA


jueves, 6 de febrero de 2020

ANIVERSARIO DE ANA

Hoxe conmemoramos na nosa aula o aniversario de ANA.
Coma sempre, cantámoslle as cancións de felicitacións, soprou a vela co número 4, felicitámola e degustamos todos xuntos un rico biscoito!


FELICIDADES ANA!!

martes, 4 de febrero de 2020

ASÍ CELEBRAMOS O DIA DA PAZ


Este ano comenzamos a semana para festexar o Día da Paz partindo do conto "No hay tiempo" de Annabelle Rios. Da man deste libro reflexionamos sobre o tempo que adicamos, ou non, no noso día a día, ás cousas verdadeiramente importantes. 
Mostramos esta realidade pendurando nunha rede cos botes de cristal que trouxeron todas as familias e onde está gardado un tempo importante e valioso para eles, e que podemos ver seguindo os barquiños de papel  e que levan escrito outro momento importante para ás familias.
Por outra banda, puxemos nos corredoiros unhas Pombas da Paz decoradas con plumas onde as familias tamén escribiron unha mensaxe que recolle un momento, unha experiencia, un anaquiño do tempo tan importante e tan escaso.

E como punto final, cantamos todos xuntos a canción "Odio por amor" de Juanes.


MOITAS GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN.





lunes, 3 de febrero de 2020

Novas aportacións

Na aula dos PINGÜÍNS seguimos a ter novas aportacións de material relacionado co noso proxecto.

A pasada semana LEIRE nos trouxo un libro con moita información dos PINGÜÍNS; LAIA contounos todo o percorrido que fixo o noso amigo dende a escola ata a súa casa na ANTÁRTIDA , así como nos falou acerca da FOCA WEDDELL; e ALBA fixo dous murais, nun deles contounos máis cousas acerca desta ave, e doutros animais que tamén viven no POLO SUR.


LAIA MOSTRANDO O PERCORRIDO



DOUS MOMENTOS NOS QUE ALBA FALOU DO PINGÜÍN E DOUTROS ANIMAIS DA ANTÁRTIDA


LEIRE CO SEU LIBRO


domingo, 26 de enero de 2020

CONTACONTOS EN VILA LAURA

     Este venres tivemos unha contacontos que nos fixo adentrarnos dentro do libro U-la Lúa?, para tal ocasión vestímonos toda a escola coas nosas camisetas pola Igualdade. Este conto fálanos do amor, a familia e a amizade, onde valores como a tenrura, o respecto ou a solidariedade cobran importancia para levarnos a un mundo onde a violencia non ten cabida e a ilusión fai dos soños unha realidade.


jueves, 23 de enero de 2020

Postal de Pingüi

Estes días pasados recibimos unha postal de PINGÜI. Por fin confirmamos as nosas sospeitas.
Como ben podedes ler, o noso amigo foi visitar á súa familia á ANTÁRTIDA. Sabedes onde é? Alí viven tamén outros animais, a ver se investigades qué outros animais podemos atopar no POLO SUR!

Frontal da postal


Reverso da postal

E así foi como comezamos a saber un pouco máis desta temática. Coñecer o noso planeta, identificar con cores o mar, a terra e os polos xeados, así como o camiño que tivo que percorrer o noso amigo ata chegar a ese lugar tan remoto!!


miércoles, 22 de enero de 2020

Primeiras aportacións á aula de 3 anos - B

Hoxe a nosa compañeira ALMA trouxonos á aula as primeiras aportacións dende a casa para o noso proxecto dos Polos. Desta forma, ALMA contounos cousas acerca dos PINGÜÍNS, qué comen, cómo se reproducen e que existen moitos tipos diferentes de pingüíns! Qué curioso!
Grazas pola vosa aportación!!


Traballo feito na casa sobre o PINGÜÍN


Explicación do OVO


Fermoso conto sobre o Pingüín Marcelino

sábado, 18 de enero de 2020

Na aula de 3 ANOS - B comezamos a traballar as nosas EMOCIÓNS, a coñecelas e, pouco a pouco, a identificalas nos demáis e en nós mesmos.
Partimos do conto "O monstro de cores" para seguir incorporando novas emocións ao longo do curso.
E como dí este relato, comezamos a "encher os botes" coas emocións que sentíamos hoxe durante a nosa asemblea diaria. A continuación pintamos o noso particular monstro de cores acorde coa emoción escollida.
E ti,... como te sintes hoxe?



Botes de cores na nosa asemblea


Intre no que un alumno pon a súa emoción dentro do bote correspondente
 

Monstros de cores na aula

viernes, 17 de enero de 2020

Aniversario de Andrew

Onte xoves conmemorouse na aula de 3 ANOS-B o aniversario de ANDREW que cumpríu connosco 4 ANOS.


MOITAS FELICIDADES ANDREW

miércoles, 15 de enero de 2020

Estes días pasados apareceron na aula de 3 ANOS-B unhas pisadas laranxas.
Despois de facer as nosas hipótesis, descubrimos que eran as pegadas do noso PINGÜÍN que marchou. O caso é... para onde foi? por qué? e moitas outras dúbidas que trataremos de despexar nos vindeiros meses!!
Comezamos co PROXECTO DOS POLOS!! Animádesvos a participar? Todas as vosas aportacións serán ben recibidas!

Despois de moito cavilar, decidimos ver as cámaras de seguridade do centro e... queredes ver o que atopamos? A continuación vos deixamos o vídeo!


martes, 14 de enero de 2020

Elaborando colares

O alumnado da aula de 3 ANOS - B están a traballar dende fai tempo na súa motricidade grosa e fina. Unha actividade moi aconsellable é a de "coser" (ensartar) e a motivación consiste en elaborar bonitos colares cos que despois andan pola aula.
A continuación podedes ver unhas mostras da nosa aula acompañadas de fermosos sorisos!





jueves, 9 de enero de 2020

ANIVERSARIO DE LÚA E EDGAR

Hoxe conmemoramos na nosa aula os aniversarios de LÚA e de EDGAR que cumpriron 4 ANOS, os primeiros en cumprir neste 2020!

Cantamos as xa tradicionais cancións de "cumpreanos feliz" en castelán e inglés, e degustamos un rico biscoito e unhas deliciosas magdalenas!!




MOITAS FELICIDADES EDGAR E LÚA