Na aula dos PINGÜÍNS seguimos a ter novas aportacións de material relacionado co noso proxecto.
A pasada semana LEIRE nos trouxo un libro con moita información dos PINGÜÍNS; LAIA contounos todo o percorrido que fixo o noso amigo dende a escola ata a súa casa na ANTÁRTIDA , así como nos falou acerca da FOCA WEDDELL; e ALBA fixo dous murais, nun deles contounos máis cousas acerca desta ave, e doutros animais que tamén viven no POLO SUR.
LAIA MOSTRANDO O PERCORRIDO
DOUS MOMENTOS NOS QUE ALBA FALOU DO PINGÜÍN E DOUTROS ANIMAIS DA ANTÁRTIDA
LEIRE CO SEU LIBRO
No hay comentarios:
Publicar un comentario