viernes, 29 de noviembre de 2019

ANIVERSARIO DE IRIA

Hoxe xoves conmemoramos, na aula dos PINGÜÍNS, o aniversario de IRIA, que cumpríu xa 3 ANOS. Ademáis de cantarlle o "cumpreanos feliz", degustamos un rico biscoito todos xuntos!



FELICIDADES IRIA!!

martes, 19 de noviembre de 2019

CELEBRAMOS O MAGOSTO EN VILA LAURA



      Celebramos o magosto facendo unha serie de actividades durante a semana por aula e niveis como contar contos relacionados co tema con marionetas na aula, murais, e xogos tradicionais que nos deixaron os pais de Amaro, da clase das tartarugas . Festexamos o día saíndo ao patio e miramos como o castañeiro asaba as castañas, pintámonos a cara, fixemos unha foto grupal e recollemos o noso cucurucho de castañas.





miércoles, 13 de noviembre de 2019

Magosto dos Pingüíns

O xoves pasado, coa axuda da ANPA da nosa escola, conmemoramos o MAGOSTO, previo traballo anterior como, entre outros, a realización dun mural co resto do alumnado de cada nivel. Despois de ver cómo asaban as CASTAÑAS, degustamos este froito de OUTONO nas aulas e, de paso, fixémonos unha foto de grupo todos xuntos. E qué ricas que estaban!!!

VIVA O MAGOSTO!!!


Aula de 3 anos - B

lunes, 11 de noviembre de 2019

ANIVERSARIOS DE CIBRÁN E GAEL

Durante o pasado mes de outubro, conmemoramos na nosa aula os aniversarios de CIBRÁN e GAEL, que cumpriron xa 3 aniños!!
Disfrutamos moito cantando o "Cumpreanos feliz" en varios idiomas e degustando os ricos biscoitos que trouxeron á aula.
MOITAS FELICIDADES!!


CUMPREANOS DE CIBRÁN


CUMPREANOS DE GAEL

Os Pingüíns

Non vos perdades este curso escolar todas as aventuras do novo alumnado da EEI Vila Laura, en concreto, de "os pingüíns", da aula de 3 anos-B.