Mostrando entradas con la etiqueta ACTIVIDADES. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ACTIVIDADES. Mostrar todas las entradas

miércoles, 10 de junio de 2026

VIOLETA MONREAL, ILUSTRADORA E ESCRITORA

Para finalizar o noso proxecto anual, ARTEllando no Vilalaura, trouxemos a ilustradora Violeta Monreal, para realizar tres obradoiros, un por cada nivel, onde ía creando personaxes únicos transmitíndonos ao mesmo tempo os seus valores fundamentais como son a confianza nas nosas ideas, o respeto á creatividade do outro. o valor da constancia e a beleza do imperfecto.

Gran ilustradora con mans de fada e corazón de nena achégase aos máis cativos a través dun mundo de fantasía. Trasgos, bruxas e dragóns salen da súa bolsa e das súas mans un incrible despliegue de imaxinación e destreza.

Unha visita marabillosa e fantática!!

                                


miércoles, 27 de mayo de 2026

Día das letras galegas en Vila Laura

Durante a semana previa ao 17 de maio realizamos unha serie de actividades propostas desde o equipo de dinamización da lingua galega para conmemorar o día das letras galegas adicado a Begoña Caamaño.

As Xirafas indagaron sobre a vida de Begoña Caamaño e fixeron unha pequena entrevista na radio realizando un podcast onde entrevistados e entrevistadores falaban un pouco dela. Asemade contáronnos os xogos populares que iamos facer todas as aulas no patio.

            https://drive.google.com/file/d/1HsJBol0cHv81i0W-9rGgQPoJIofs_fAu/view?usp=sharing

No seguinte vídeo podedes ver os distintos xogos dos que disfrutamos: petanca, carreira de padiolas, zancos e aros. 

O xoves saimos todos xuntos ao patio e cantamos a cantiga "Begoñísima" de Uxía e Malvela que disfrutaron moitísimo.

Rematamos os actos conmemorativos das letras galegas cunha sesión especial sobre Begoña Caamaño e a cantiga As árbores da fraga de Fol do Vento sobre as árbores galegas a cargo de Rosa e Elena, dúas mestras eméritas da nosa escola sempre dispostas a colaborar.

miércoles, 13 de mayo de 2026

AS NOSAS CIDADES

Co gallo do Día do libro seguimos "Artellando" e neste caso partindo do conto "Non é unha caixa" de Antoinette Portis construimos cada aula a súa cidade, entre todos fixemos unhas construcións únicas.



domingo, 26 de abril de 2026

Directo na Radio Galega

Este tercer trimestre os nenos e nenas de 6º de infantil comezamos co proxecto "Somos Xornalistas" e aproveitando que a tía de Mara é periodista achegouse a nosa escola para explicarnos como se fai un informativo, como é un plató de televisión e todo o equipo que está detrás dos informativos. Presentounos a Xabarín, a mascota da programación infantil e despois dividímonos en grupos que serían as nosas seccións e fixemos unhas pequenas gravacións de entrevistas que estanse a editar. Será toda unha sorpresa!

Con ela fixemos unha conexión en directo co programa de radio da TVG e regaláronnos unha mochila de Xabarín que nos encantou.

Moitas grazas.




Descubrindo o cine con rapaces do Instituto

Soralla, a nai de Noé da clase de Exploradores, acudiu co seu alumnado do Instituto Santo Tomé para levar a cabo a actividade "Como funciona o cine".

Explicáronnos a evolución do cine desde os seus inicios, faláronnos de como facer unha animación coa técnica de stop motion e visualizamos algunhas curtas en branco e negro grazas a un proxector Súper 8.

Despois nas aulas cada neno elaborou o seu proxecto empregando vasos plásticos, rotuladores e lanternas. O resultado foi incrible!

Moitas grazas pola vosa colaboración.


sábado, 25 de abril de 2026

Limpando dentes...

Desde a Clínica Bastida visitaron a nosa escola para concienciarnos e explicarnos como manter sanos os dentes. Cepillaron ao dinosaurio e cantamos cancións de como loitar contra a carie.



miércoles, 15 de abril de 2026

Conderto de Amadeus na escola

A Escola de Música Amadeus ofreceunos a todo o colexio un concerto na escola acompañados de instrumentos como o Violonchelo, o violín, a caixa, a batería, o órgano, a frauta...
Cantamos, rimos, e bailamos. FANTÁSTICO!!!
Moitas grazas



 


sábado, 28 de marzo de 2026

MULLERES NA ARTE

Co gallo do Dia da Muller este ano seguindo o noso proxecto anual de "ARTEllando en Vila Laura" puxemos o foco en mulleres pintoras vanguardistas, que buscan novas formas de expresión, liberdade creativa e unha experimentacións constante. Seguindo a estas pintoras creamos os nosos propios cadros surrealistas, hiperrealistas, cubistas, dadaistas....

No vídeo podedes visualizar as nosas marabillosas creacións.



martes, 3 de marzo de 2026

ABELLAS NA ESCOLA

Os nenos e nenas de 6º de educación infantil tiveron unha actividade moi bonita na biblioteca, coñeceron un pouco máis ás Abellas.
Faláronlles da súa morfoloxía, de como é súa evolución pasando polas distintas fases, e unha vez vestido adecuadamente o apicultor, visitamos virtualmente unha colmea...de súpeto apareceu o apicultor cun favo na man!! Puidemos ver unha abella raíña e as obreiras nas celdas, quedamos abraiados!
Explicáronnos o procesado do mel e a súa extración, onde os rapaces puideron darlle voltas ao torno para xirar  e decantar o mel.
Déronnos a probar o polen, o mel e con cera cadaquén fiixo a súa candea.
Encantounos o obradoiro e aprendimos un montón de palabras novas: favo, afumador, enxame, opérculo, pabilo, cazapolen, piqueira, apicultor...





sábado, 7 de febrero de 2026

CONCERTO POLO DÍA DA PAZ

Este ano celebramos o Día da Paz cun gran concerto amenizado pola chamada "Vila banda" á que pertencen os pais das aulas de 4º e 5º de Educación Infantil: Alba nai de Xacobe, Jacobo pai de Vega, Carlos pai de Nora e Adolfo pai de Oliver. Contaron tamén coa colaboración de Alice, a nosa mestra de Conversa, que se animou a darlle voz a estas grandes cancións. Os nenos e nenas estiveron ensaiando para facer os coros de: Love de The Beatles, Imagine de John Lennon, Eu teño alguén de María Fumaça e para finalizar o Himno da alegría de Miguel Ríos.

Durante toda a semana preparamos tamén unhas cariñas riseiras na biblioteca para acompañar no Día da Paz a canción de Miguel Ríos.




miércoles, 21 de enero de 2026

CALENDARIO DE ADVENTO

Os corredoiros da nosa escola enchéronse día a día de obras de arte realizando un calendario de Advento como parte do proxecto anual "ARTEllando". 
Aproveitamos así para a través de determinados cadros  coñecer aos pintores, os títulos, os museos,  percorrendo así algúns países e cidades. A partir destes creamos os nosos cadros do nadal e puxémoslles o noso título.


 

miércoles, 26 de noviembre de 2025

25 N

Co gallo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller  contamos contos, traballamos vágoas contra a violencia de xénero, o que está mal fronte ao que está ben...e penduramos as vágoas nas cordas creando a nosa obra de arte






 

COÑECENDO A YAYOI KUSAMA

Unha das actividades propostas dende a Biblioteca e coñecer a Yayoi Kusama que ten este rinconciño na nosa Biblio e que se traballou ademáis no magosto. Os nenos e nenas de 5º de Infantil profundizamos un pouquiñio na súa vida e nas súas obras e logo elaboramos o noso propio cadro usando a súa técnica.











 

miércoles, 29 de octubre de 2025

APERTURA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Co gallo do Día Internacional das Bibliotecas en España inauguramos a nosa biblioteca escolar para este curso 2025-2026 da man da Mestra Mari da clase dos Astronautas que nos interpretou o marabilloso conto Aurelio.

Neste encontro coas familias  os cativos fixeron marcapáxinas co morcego Aurelio, pintamos ao noso Plumas impreso en 3D para facer un chaveiro con el, seguimos o camiño das grafías das letras con pedriñas e usuando as pinzas intentamos atopar cada letra e gardala na súa casiña.

E desde logo, lemos contos, contos en familia. 



 

domingo, 26 de octubre de 2025

Proxecto do Universo dos cativos de 5 anos

Os nenos e nenas de 5º de Educación Infantil comezamos o proxecto do Universo sempre contando coa colaboración das familias dos cativos, con Uxío viaxamos desde a Biblioteca aos planetas, as constelacións e o noso Sol.

Os papás de Antón na aula leéronnos un conto e despois construimos cadaquén un súper cohete.




viernes, 20 de junio de 2025

CONCERTO MUSICAL

Nesta última semana do curso tivemos a sorte de ter como broche final unha actuación dun grupo musical improvisado e extraordinario composto por Alba coa arpa, Jacobo na batería e Adolfo como vocalista e guitarrista.

Tocaron para nós "Nothing else maters" de Metallica, "Losing my Religion" de REM e sorprendéronnos con "A vaca Lola" e "A saia da Carolina" que cantamos a coro todos xuntos.

Marabillosa actuación, moitas grazas papás e mamá pola vosa colaboración.


                                      Cliclar na fotografía ou no link para visualizar o vídeo.


https://drive.google.com/file/d/1gZe6jDugKKSlKy1Y4z91pGFluJkPbpep/view?usp=drive_link




domingo, 1 de junio de 2025

Teatro no Vila Laura

Os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación infantil asistiron a unha gran representación do conto O Monstruo de Cores por parte do grupo de teatro de Tránsito á vida adulta do CEEPR Fogar e Clínica San Rafael, "Os Asomados".

Moitas grazas pola vosa visita, marabillosa función.