Mostrando entradas con la etiqueta Dia do libro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Dia do libro. Mostrar todas las entradas

miércoles, 10 de junio de 2026

VIOLETA MONREAL, ILUSTRADORA E ESCRITORA

Para finalizar o noso proxecto anual, ARTEllando no Vilalaura, trouxemos a ilustradora Violeta Monreal, para realizar tres obradoiros, un por cada nivel, onde ía creando personaxes únicos transmitíndonos ao mesmo tempo os seus valores fundamentais como son a confianza nas nosas ideas, o respeto á creatividade do outro. o valor da constancia e a beleza do imperfecto.

Gran ilustradora con mans de fada e corazón de nena achégase aos máis cativos a través dun mundo de fantasía. Trasgos, bruxas e dragóns salen da súa bolsa e das súas mans un incrible despliegue de imaxinación e destreza.

Unha visita marabillosa e fantática!!

                                


jueves, 28 de mayo de 2026

Apadriñamento lector cos rapaces do CEP Dr. Fleming

Os nenos e nenas de 6º de primaria do CEP Dr. Fleming co gallo do día do libro prepararon uns contos que viñeron a interpretar ao noso cole ás aulas das Abelliñas, Tartarugas e Xirafas. 
Foi unha gran sesión de apadriñamento lector.




miércoles, 27 de mayo de 2026

Día das letras galegas en Vila Laura

Durante a semana previa ao 17 de maio realizamos unha serie de actividades propostas desde o equipo de dinamización da lingua galega para conmemorar o día das letras galegas adicado a Begoña Caamaño.

As Xirafas indagaron sobre a vida de Begoña Caamaño e fixeron unha pequena entrevista na radio realizando un podcast onde entrevistados e entrevistadores falaban un pouco dela. Asemade contáronnos os xogos populares que iamos facer todas as aulas no patio.

            https://drive.google.com/file/d/1HsJBol0cHv81i0W-9rGgQPoJIofs_fAu/view?usp=sharing

No seguinte vídeo podedes ver os distintos xogos dos que disfrutamos: petanca, carreira de padiolas, zancos e aros. 

O xoves saimos todos xuntos ao patio e cantamos a cantiga "Begoñísima" de Uxía e Malvela que disfrutaron moitísimo.

Rematamos os actos conmemorativos das letras galegas cunha sesión especial sobre Begoña Caamaño e a cantiga As árbores da fraga de Fol do Vento sobre as árbores galegas a cargo de Rosa e Elena, dúas mestras eméritas da nosa escola sempre dispostas a colaborar.

miércoles, 13 de mayo de 2026

AS NOSAS CIDADES

Co gallo do Día do libro seguimos "Artellando" e neste caso partindo do conto "Non é unha caixa" de Antoinette Portis construimos cada aula a súa cidade, entre todos fixemos unhas construcións únicas.



domingo, 26 de abril de 2026

Apadriñamento lector cos rapaces do IES do Castro

Co gallo do Día do Libro visitáronnos na escola nenos e nenas do IES do Castro para contarnos un conto aos rapaces de 5 anos. Leron, interpretaron e animaron as súas historias, foi unha sesión de apadriñamento lector única.

Nós, como agradecemento lles fixemos durante a semana un marcapáxinas cunha flor feita co lápis 3D.


viernes, 19 de mayo de 2023

Apadriñamento lector

O pasado xoves 11 de maio, recibimos a visita do alumnado de 3º curso do CEP Dr. Fleming que levaron a cabo un apadrinamento lector coas nosas nenas e nenos da escola!

Repartidos por distintas estancias do centro, cada alumno/a de primaria leulles a 2/3 nenos/as de infantil un conto, nun ambiente relaxado e moi agradable.

Encantounos a experiencia!!

No blogue da biblioteca do CEP Dr. Fleming elaboraron un vídeo moi bonito:








viernes, 28 de abril de 2023

Día do Libro 2023

Este ano, para conmemorar o "Día do Libro", invitamos ao alumnado de 6º de Ed.Primaria do CEP Fleming a vir realizar unha actividade de apadrinamento lector connosco.
Distribuídos por todos os espazos do noso centro escolar, cada alumno/a de primaria sentouse con 2/3 alumnos da nosa escola e léronlles uns contos de infantil.
Unha actividade moi fermosa!!

A continuación, levaron a cabo un taller de poesía de Gloria Fuertes co noso alumnado de 5 anos nas aulas.

Vos deixamos unha pequena mostra do que foi esta conmemoración no centro.

Podedes visualizar tamén, no blogue do CEP Fleming, un vídeo que resume dita actividade. Para visualizalo, premer AQUÍ.