Mostrando entradas con la etiqueta MARIÑEIROS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MARIÑEIROS. Mostrar todas las entradas

domingo, 1 de marzo de 2020

ENTROIDO EN VILA LAURA 2020


Este ano o cole decorámolo empregando materiais de refugallo: botellas, vasos de iogur, rollos de papel... e desfilamos o venres 21 libremente, todos foron o que quiseron ser, transformáronse nunha mañán en todo aquilo que desexaban e que só no entroido é  posible.

GRAZAS FAMILIAS POR ESAS RIQUÍSIMAS E SABOROSAS MERENDAS





martes, 12 de marzo de 2019

ENTROIDO DE CONTO

Este ano adicado aos contos tradicionais, decoramos o cole e os traballamos máis detalladamente en cada aula e  lucindo cada día o que nos mandaba o meco.
O xoves, o día do desfile, enchemos de color e ilusión o patio disfrazados de: Ratiña Presumida, Carapuchiña Vermella, Alicia no País das Marabillas, Peter Pan e o Mago de Oz.




COMENZA O ENTROIDO EN VILA LAURA

Comenzamos a semana do entroido cunha visita espectacular, estabamos todo o alumnado no patio cando fixo a súa entrada dous cigarróns!!! menudo susto levamos.
Emilia e o seu pai ensináronnos como desfilan polas rúas de Verín, e  explicáronnos con detalle os distintos elementos dos traxes feitos a man, a súa carouta, e para que usaban o seu látigo.




miércoles, 13 de febrero de 2019

VISÍTANOS O NOSO ALCALDE ABEL CABALLERO

A semana pasada tivemos unha gran visita que desde que o soubemos non nos daba chegado o día!!!!
Visitounos o noso Alcalde, Abel Caballero. Recibímolo todos xuntos no corredor do cole ao son da canción Campás pola Paz contentos á vez que excitados pola visita.


jueves, 31 de enero de 2019

CANTAMOS TODOS O DÍA DA PAZ!!!

ESTE ANO NO DÍA DA PAZ CANTAMOS E BAILAMOS TODOS XUNTOS A CANCIÓN DE "CAMPÁS POLA PAZ" DE MIGALLAS. O MAL TEMPO NON NOS DEIXOU SAÍR AO PATIO EXTERIOR PERO FESTEXÁMOLO IGUALMENTE E GUSTOULLES TANTO, QUE TIVEMOS QUE REPETIR!!!