Este maravilloso alumnado da aula dos PINGUÍNS non deixan de sorprendernos. Despois de todos estes días coas fabulosas aportacións das familias, chegou a quenda de NORA que nos explicou e nos ensinou aspectos relacionados co noso SANGUE.
Sabedes que 3 compoñentes fundamentais percorren as nosas ARTERIAS e VENAS? E cales son as súas funcións? Quen cicatriza as nosas feridas? Quen loita contra os nosos virus?
(podedes irlle preguntando todo isto aos vosos fillos/as na casa, posto que son cousas que previamente explicaron e falamos na aula)
GRAZAS NORA polo teu estupendo traballo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario