lunes, 1 de febrero de 2021

O ESQUELETE DE ALMA

Hoxe ALMA, coincidindo con que era a encargada da aula, mostrounos varios materiais relacionados co noso CORPO HUMANO.

-- Ensinounos un esquelete, como pode ser o noso, cos nomes de cada un dos osos.


-- Presentounos unha serie de radiografías de pés, mans e cóbados, e vimos como isto pode ser posible e para qué se fan.

-- Mostrounos unha cartolina de cómo debemos de coidar os nosos osos así como dúas curiosidades máis. Sabedes cál é o noso oso máis grande e cál é o máis pequeno?



-- E nos regalou cartolinas coas pezas dun esquelete para facer cada un/unha na súa casa.

MOITAS GRAZAS ALMA!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario