A TEORÍA DO BIG BANG
Despois de decidir na aula qué queríamos saber acerca do "UNIVERSO", xurdíu a pregunta de cómo se formaron os planetas.
Démoslle resposta de xeito manipulativo de cómo de orixinou.
Repartimos plastilina de diferentes cores e pedímoslles que fixeran pequenas boliñas.
Despois, introducímolas todas nun globo. Inflámolo.
A continuación, cun punzón estoupámolo.
Todas as boliñas que estaban dentro do globo, espalláronse pola aula, representando a explosión do "BIG BANG" e como a materia se expandiu polo universo.
A continuación, pedímoslles que xuntaran as boliñas por cores, para que foran conscientes de cómo se formaron os planetas, as estrelas, a lúa, as galaxias,...
No hay comentarios:
Publicar un comentario