martes, 3 de marzo de 2026
ABELLAS NA ESCOLA
domingo, 1 de marzo de 2026
DESCUBRINDO OS CARBALLOS
jueves, 26 de febrero de 2026
Contacontos na biblioteca
miércoles, 25 de febrero de 2026
ENTROIDO 2026
domingo, 15 de febrero de 2026
Contos cantados
As tartarugas participan nunha xornada de Radio escolar para celebrar o Día Mundial da Radio contando e cantando este conto.
sábado, 7 de febrero de 2026
CONCERTO POLO DÍA DA PAZ
Este ano celebramos o Día da Paz cun gran concerto amenizado pola chamada "Vila banda" á que pertencen os pais das aulas de 4º e 5º de Educación Infantil: Alba nai de Xacobe, Jacobo pai de Vega, Carlos pai de Nora e Adolfo pai de Oliver. Contaron tamén coa colaboración de Alice, a nosa mestra de Conversa, que se animou a darlle voz a estas grandes cancións. Os nenos e nenas estiveron ensaiando para facer os coros de: Love de The Beatles, Imagine de John Lennon, Eu teño alguén de María Fumaça e para finalizar o Himno da alegría de Miguel Ríos.
Durante toda a semana preparamos tamén unhas cariñas riseiras na biblioteca para acompañar no Día da Paz a canción de Miguel Ríos.
miércoles, 21 de enero de 2026
CALENDARIO DE ADVENTO
domingo, 4 de enero de 2026
Martiño na Aula Sensorial
CONTACONTOS NA BIBLIOTECA
sábado, 3 de enero de 2026
Día Internacional das Persoas con Discapacidade na EEI Vila Laura
O pasado 3 de decembro, con motivo da conmemoración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, o Departamento de Orientación da EEI Vila Laura organizou unha fermosa actividade para todo o alumnado.
Na biblioteca do centro gozamos dun contacontos moi especial, dirixido pola especialista de Audición e Linguaxe, arredor do libro “O voo de Sofía” (Editorial Cuento de Luz). Esta historia fálanos de Sofía, unha libélula con ansiedade pola incerteza, que un día deixa de voar. A súa nai, para axudala, crea unha axenda visual que lle proporciona a anticipación necesaria. Grazas a esa estrutura, Sofía recupera a calma e volve voar feliz.
A través deste relato aprendemos que, con apoio e comprensión, todos e todas podemos superar os medos e atopar o noso propio ritmo.
Tras o contacontos, cada grupo continuou a actividade nas aulas, onde, seguindo instruccións con pictogramas, elaboraron a súa propia libélula de Sofía. Así, o alumnado puido poñerse no lugar da protagonista e comprender mellor o valor da diversidade, a empatía e a superación.
As nosas pequenas libélulas marcharon para casa levando con elas unha mensaxe chea de cor e respecto:
✨ todas as ás, grandes ou pequenas, poden voar se lles damos oportunidade.
Coidamos, compartimos e aprendemos xuntos cada día na EEI Vila Laura

.jpg)





.png)







