jueves, 26 de febrero de 2026

Contacontos na biblioteca

O alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil participou na biblioteca dunha actividade desenvolta pola Fundación Igualarte "Todos e todas contamos", unha proposta inclusiva que contou cun obradorio.

CONTACONTOS:  A SEREA NO OCÉANO, un conto teatralizado onde unha serea se atopa coa beleza do mar e co maltrato que este recibe (lixo). Unha historia sobre a concienciación do coidado dos océanos. Aparecerán varios elementos sensoriais: a canción, os ruídos, as pompas... 
Como obradoiro, decoraron unha silueta dunha medusa, pegaronlle tentáculos de cores de celofán e puxéronlle un fío para poder colgala. Pasámolo moi ben.




 

miércoles, 25 de febrero de 2026

ENTROIDO 2026

Este ano para celebrar o entroido partimos do proxecto anual do centro, Artellando en Vila Laura, e se no primer trimestre centrámonos na pintura, nesta ocasión mergullámonos no arte do cine. 
Decoramos a escola con guirnaldas, con películas infantís dos que partiron os disfraces, fixemos unha ginkana usando códigos QR por niveis, onde o eixe eran as películas elixidas para o entroido. 
Este proxecto deunos pé a coñecer un pouquiño o mundo cinematográfico, descubrindo palabras como Óscars, Premios Goya, claqueta, cámara de vídeo, rollo de película, sets, entrada de cine, acomodador, paseo da fama, estrelas, actriz, actor, director...







 

domingo, 15 de febrero de 2026

Contos cantados

As tartarugas participan nunha xornada de Radio escolar para celebrar o Día Mundial da Radio contando e cantando este conto.


sábado, 7 de febrero de 2026

OBRADOIRO DE "CAMIÑA CON NÓS POLA IGUALDADE"


 

CONCERTO POLO DÍA DA PAZ

Este ano celebramos o Día da Paz cun gran concerto amenizado pola chamada "Vila banda" á que pertencen os pais das aulas de 4º e 5º de Educación Infantil: Alba nai de Xacobe, Jacobo pai de Vega, Carlos pai de Nora e Adolfo pai de Oliver. Contaron tamén coa colaboración de Alice, a nosa mestra de Conversa, que se animou a darlle voz a estas grandes cancións. Os nenos e nenas estiveron ensaiando para facer os coros de: Love de The Beatles, Imagine de John Lennon, Eu teño alguén de María Fumaça e para finalizar o Himno da alegría de Miguel Ríos.

Durante toda a semana preparamos tamén unhas cariñas riseiras na biblioteca para acompañar no Día da Paz a canción de Miguel Ríos.