martes, 3 de marzo de 2026

ABELLAS NA ESCOLA

Os nenos e nenas de 6º de educación infantil tiveron unha actividade moi bonita na biblioteca, coñeceron un pouco máis ás Abellas.
Faláronlles da súa morfoloxía, de como é súa evolución pasando polas distintas fases, e unha vez vestido adecuadamente o apicultor, visitamos virtualmente unha colmea...de súpeto apareceu o apicultor cun favo na man!! Puidemos ver unha abella raíña e as obreiras nas celdas, quedamos abraiados!
Explicáronnos o procesado do mel e a súa extración, onde os rapaces puideron darlle voltas ao torno para xirar  e decantar o mel.
Déronnos a probar o polen, o mel e con cera cadaquén fiixo a súa candea.
Encantounos o obradoiro e aprendimos un montón de palabras novas: favo, afumador, enxame, opérculo, pabilo, cazapolen, piqueira, apicultor...





domingo, 1 de marzo de 2026

DESCUBRINDO OS CARBALLOS

Visitamos a Carballeira da Guía acompañados da asociación de veciños de Teis que nos levaron a única carballeira urbana de Vigo con árbores casi centenarios. Nese escenario, plantamos por grupos un carballo, fixemos o burato, engadímoslle o abono e con moito coidado plantamos á pequena árbore. 
Ensináronnos tres vacalouras, dous machos e unha femia e puidemos ver algúns insectos, bichos bola vermes, volvoretas e paxaros como paparrubios. 
Despois fixemos unha pequena ruta polo monte para explicar os traballos que se están realizando de eliminación de especies exóticas invasoras (acacias e eucalipto), e da recuperación do bosque autóctono. Nós contribuimos neste senso lanzando bombas de sementes