Mostrando entradas con la etiqueta Infantil 4C. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Infantil 4C. Mostrar todas las entradas
martes, 18 de diciembre de 2012
sábado, 9 de junio de 2012
VISITA DE ARANCHA
FAI UNS DÍAS ARANCHA VISITOUNOS COA SÚA PIRAGUA PARA EXPLICARNOS EN QUÉ CONSISTÍA O PIRAGÜISMO.BÓTADELLE UNHA OLLADA AS FOTIÑOS...
This free photo slideshow personalized with Smilebox |
miércoles, 6 de junio de 2012
FESTIVAL FIN DE CURSO
Celebramos o festival Fin de Curso coa graduación do alumnado de 5 anos. O pasamos moi ben e grazas a todos e todas.
Create a free digital slideshow |
viernes, 1 de junio de 2012
A NOSA HORTA
As nenas e nenos de 4 anos plantaron na horta da escola axudados polas súas titoras e por Elisa. Foi unha experiencia marabillosa, o pasamos moi ben e aprendimos moito. Seguiremos o proceso ata o vindeiro curso recollendo o millo e as cabazas no outono.
Make a free slideshow design |
miércoles, 16 de mayo de 2012
PINGÜIN
O MÉRCORES 16 DE MAIO OS NENOS E NENAS DE 4 E 5 ANOS FOMOS A CAIXANOVA A VER A OBRA DE TEATRO: “PINGÜIN”. GUSTOUNOS UN MONTÓN!!!
Co grupo de teatro Periferia viaxamos ao Polo Sur para coñecer a Bobo e a súa familia. No Polo Sur, un dos poucos lugares do planeta que se conserva no seu estado máis natural, encontrámonos os pingüíns. A familia pingüín, protagonista desta historia, vive nunha envexable harmonía: papá pingüín pesca polas mañás e polas tardes coida da casa; mamá pingüín polas mañás coida da casa e polas tardes pesca; e o pequeno Bobo fai o que máis lle gusta: come e xoga todo o día. Pero algo está cambiando ... Bobo está a punto de vivir unha sorprendente aventura. Hoxe os seus papás dixéronlle que vai ter un irmán!
AQUÍ TEDES UN ANAQUIÑO DA OBRA PARA QUE TAMÉN A PODADES DESFRUTAR!!!
viernes, 30 de septiembre de 2011
BENVIDOS A VILABLOG!
Este blogue está pensado para que todos os que queiran coñecer algo máis da escola infantil Vila Laura poidan facelo cun só clic.Espero que sexa do voso agrado!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)