martes, 1 de noviembre de 2016

AS ABELLIÑAS SEGUEN POLO UNIVERSO

Da man do tío de Nora, Manolo, seguimos investigando polo Universo, en concreto ensinounos que é a rotación e traslación, as fases lunares, explicounos que acontece no día e na noite, mostrounos un cohete feito por el, unha réplica do Apolo 11 e coa axuda dun video vimos aos Astronautas protagonistas e o despegue hacia a Lúa, e o seu retorno dentro da cápsula....e tróuxonos polvo lunar!!! Grazas por vir, grazas por todo!!!




As Abelliñas xa levamos tempo voando por riba das nubes...estamos coñecendo o espacio, parándonos esta vez no Sistema Solar da man de Cristina, a nai de Alba, que chegou a aula cargada de cartulinas e plastilina e ensinounos a facer un Sistema Solar que levamos para casa encantados, foi unha gran actividade. Gracias Cristina!!!


lunes, 31 de octubre de 2016

OS PINGUS CELEBRAN O SAMAÍN

OS PINGUS DISFRAZAMONOS DE XEITO MOI TERRORÍFICO PARA CELEBRAR A FESTA DO SAMAÍN.
AQUÍ VOS DEIXO AS FOTOS PARA QUE VEXADES O GUAPÍSIMOS/AS QUE ESTABAMOS E A MERENDOLA TAN RICA QUE FIXEMOS.
MOITAS GRAZAS PINGU-FAMILIAS POLA VOSA CONSTANTE COLABORACIÓN.

viernes, 28 de octubre de 2016

OS ASTRONAUTAS CELEBRAN O SEU PRIMEIRO SAMAÍN!!!!

OS ASTRONAUTAS CELEBRARON O  SAMÁIN FACENDO  MOITAS COUSIÑAS AO LONGO DA SEMANA. CANTAMOS E BAILAMOS CANCIÓNS: "LOS ESQUELETOS", "SKELETON DANCE" OU "NO SAMAÍN" DE BRINCA VAI!". TAMÉN TRABALLAMOS O CONTO DE "O GATO GUILLE E OS MONSTROS" QUE, POR CERTO, LLES ENCANTOU!!! 
REALIZAMOS UNS MORCEGOS QUE LEVAMOS CON MOITA ILUSIÓN PARA A NOSA CASA, XUNTO CUNS FANTASMAS QUE REGALARON OS PAPÁS DE DIEGO A TÓDOLOS "ASTRONAUTAS". O VENRES COMPARTIMOS UNHAS ARAÑAS MOI ORIXINAIS QUE TROUXO IAGO, ARAÑAS QUE TAMÉN LEVAMOS NA CARA!!!
ESQUELETOS, ARAÑAS, MORCEGOS, FANTASMAS AMBIENTABAN A CLASE. 
GRACIAS TAMÉN Á FAMILIA DE AINARA E FERNANDO!!!

sábado, 22 de octubre de 2016

A ABELLIÑA ANTÍA DE PROTAGONISTA!!

Antía fíxonos partícipe da súa vida contándonos un montón de cousiñas....e Ana, a súa nai visitounos para explicar cómo era o seu traballo e fixemos unha actividade moi chula entre todos.... Aquí vos deixo unha caixa chea de recordos....

viernes, 21 de octubre de 2016

OS ASTRONAUTAS EXPERIMENTAN COAS CORES!!

OS ASTRONAUTAS EXPERIMENTARON, TRABALLARON E APRENDERON AS CORES A TRAVÉS DO CONTO "CROCODILO" (DA EDITORIAL KALANDRAKA). PASÁMOLO XENIAL CANTANDO O CONTO!!!
TRABALLANDO AS CORES - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

jueves, 13 de octubre de 2016

A ABELLIÑA LEILA DE PROTAGONISTA!!!!

A semana pasada empezamos a coñecernos un pouquiño máis xa que iniciamos un novo proxecto anual "A semana do protagonista". Cada neno vai traer unha caixa chea de recordos, de experiencias e vivencias que vai compartir con todos os seus compañeiros contándolle e explicándolle todo o que hai nela.
Protagonistas unha semana, semana chea de risas, curiosidade, ilusión....sentimentos que se mezclan nas caixas con chupetes, biberóns, roupa, xoguetes, fotos, ecografias....
Centrámonos tamén no presente: cómo son, por dentro e por fóra, cómo son as miñas mans, pés, a miña comida, xoguete e cor preferidos, canto mido, peso, a miña familia, os meus amigos, falamos do que quero ser de maior....
Xorden gabanzas, mensaxes de amiszade...

Aquí vos deixo un anaco de LEILA

sábado, 1 de octubre de 2016

OS ASTRONAUTAS ESTRENAN OS SEUS MANTEIS

OS ASTRONAUTAS ESTAMPARON AS MANS COA SÚA COR FAVORITA PARA FACER ESTES BONITIÑOS MANTEIS. FAINOS MOITA ILUSIÓN MERENDAR NO NOSO MANTELIÑO!!!

viernes, 30 de septiembre de 2016

O PRIMEIRO DÍA DE COLE DOS ASTRONAUTAS

O PRIMEIRO DÍA DE COLE É UN MOMENTO ESPECIAL E INESQUECIBLE PARA AS FAMILIAS E PARA OS PROPIOS NENOS/AS XA QUE COMEZAN UNHA NOVA ETAPA. AQUÍ VOS DEIXO UNHA PEQUENA MOSTRA ...


O PRIMEIRO DÍA DE COLE - Kizoa Editar Videos - Movie Maker