jueves, 13 de octubre de 2016

A ABELLIÑA LEILA DE PROTAGONISTA!!!!

A semana pasada empezamos a coñecernos un pouquiño máis xa que iniciamos un novo proxecto anual "A semana do protagonista". Cada neno vai traer unha caixa chea de recordos, de experiencias e vivencias que vai compartir con todos os seus compañeiros contándolle e explicándolle todo o que hai nela.
Protagonistas unha semana, semana chea de risas, curiosidade, ilusión....sentimentos que se mezclan nas caixas con chupetes, biberóns, roupa, xoguetes, fotos, ecografias....
Centrámonos tamén no presente: cómo son, por dentro e por fóra, cómo son as miñas mans, pés, a miña comida, xoguete e cor preferidos, canto mido, peso, a miña familia, os meus amigos, falamos do que quero ser de maior....
Xorden gabanzas, mensaxes de amiszade...

Aquí vos deixo un anaco de LEILA

No hay comentarios:

Publicar un comentario