domingo, 10 de febrero de 2019

MATEO GARÍN PROTAGONISTA DA SEMANA!!!

Mateo tróuxonos un montón de cousas de cando era moi pequeno e xunto cos seus pais soubemos todo o que lle gustaba facer e o que non. Presentounos a súa familia a través de fotos e visualizamos uns videos vendo como xoga, baila, ...Ensináronnos, entre outras cousas, que podemos ter unha estrela co noso nome e mostráronnos  unha taboa coa que xoga moito Mateo e que probamos todos. Descubrimos que o noso protagonista quere ser científico e que polo tanto está a disfrutar moito do proxecto que estamos a traballar.
E para despedir o día, bailamos todos xuntos unha das cancións preferidas de Mateo.


OS ASTRONAUTAS OBSERVAN AS ESTRELAS E DESCUBREN CONSTELACIÓNS!!!

ESTE TRIMESTRE OS ASTRONAUTAS ESTAMOS MOI ENTUSIASMADOS CO UNIVERSO.
O MÉRCORES IAGO E A SÚA MAMÁ ANA FALÁRONNOS DAS CONSTELACIÓNS: QUE SON, ALGUNHAS DAS MÁIS IMPORTANTES, QUE OS ANTIGOS AS UTILIZABAN PARA SABER SE AS PERSOAS VÍAN BEN OU NON, INCLUSO A LENDA DUNHA DAS CONSTELACIÓNS MÁIS COÑECIDAS, A OSA MAIOR. 
TAMÉN APRENDIMOS QUE MIRÓ SENTÍA GRAN ADMIRACIÓN POLAS CONSTELACIÓNS, TAL COMO O REFLECTIU NAS SÚAS OBRAS. IAGO ENSINOUNOS ALGUNHAS DELAS E UNHA BOLA QUE XIRABA ...
NÓS TAMÉN FIXEMOS A NOSA PROPIA CONSTELACIÓN!!!
ADEMÁIS, HOUBO ALGUNHA QUE OUTRA SORPRESA ....
DESPEDÍMONOS CUNHA DAS CANCIÓNS FAVORITAS DE IAGO: "LA CANCIÓN DE LOS PLANETAS" DE ENRIQUE Y ANA.
MOITAS GRACIAS ANA POR COLABORAR!!!
PARA VISUALIZAR O VÍDEO, PREMER EN "LEER MÁS"

miércoles, 6 de febrero de 2019

ANDREA GARCÍA PROTAGONISTA DA SEMANA!!!

Os pais de Andrea viñeron visitarnos e trouxéronnos un montón de cousiñas que usaba Andrea de bebé, contáronnos o que lle gustaba e o que non, e presentaron a súa familia a través dunhas fotos que proxectamos. Ao rematar o seu pai que é policía regalounos un libretiña de notas e unha pegatina!!!

MOITAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN


domingo, 3 de febrero de 2019

AS ABELLIÑAS CIENTÍFICAS!!!

Neste trimestre mergullámonos na ciencia, estamos coñecendo algúns dos Científicos máis importantes da historia e descubrindo o por que dalguns fenómenos e acontecementos a través dos experimentos. Os pais das abelliñas estan ensinándonos moitos experimentos nos que puidemos comprobar:

  1. A lava dun volcán
  2. Como se inflar un globo con bicarbonato e vinagre
  3. Flores que florecen co contacto da auga
  4. Como pasa a luz a través das cores claras dun globo
  5. Como flota ou non flota unha figura de pataca
  6. Como non se mezclan o aceite e a auga
  7. Vimos como a auga non cae dun vaso ao darlle a volta
  8. Descubrimos a electricidade estática
MOITAS GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN

PARA VISUALIZAR O VIDEO PREMER EN "LEER MÁS"


LILITH PROTAGONISTA DA SEMANA!!!

A nai e o pai de Lilith viñeron a aula a contarnos cousiñas da súa filla, soubemos como era de pequena, vimos algunha roupa de cando era bebé e coñecémola un pouquiño máis. Leéronnos un conto, Lilith cantou unha das súas cancións preferidas, bailamos, coloreamos os personaxes dos debuxos que máis lle gustan...

GRAZAS MAMÁ E PAPÁ POLA VOSA PARTICIPACIÓN

PARA VISUALIZAR O VÍDEO PREMER EN "LEER MÁS"



jueves, 31 de enero de 2019

CANTAMOS TODOS O DÍA DA PAZ!!!

ESTE ANO NO DÍA DA PAZ CANTAMOS E BAILAMOS TODOS XUNTOS A CANCIÓN DE "CAMPÁS POLA PAZ" DE MIGALLAS. O MAL TEMPO NON NOS DEIXOU SAÍR AO PATIO EXTERIOR PERO FESTEXÁMOLO IGUALMENTE E GUSTOULLES TANTO, QUE TIVEMOS QUE REPETIR!!!


ANDREA FIORE PROTAGONISTA DA SEMANA!!!

Andrea Fiore presentounos as súas fotos de recién nacida e a súa familia, así como o seu xoguete preferido. Coas preguntas que lle fixeron os seus compañeiros descubrimos un pouquiño máis de Andrea, dos seus gustos e preferencias e bailamos todos ao son da música da Patrulla Canina.

CLICAR EN "LEER MAIS" PARA VISUALIZAR O VIDEO


ALDARA PROTAGONISTA DA SEMANA!!!

Aldara presentounos cunhas fotos a súa familia e tróuxonos nunha caixiña de recordos o seu osiño de cando era bebé, algunha roupiña, a mantiña, o seu gorriño de recién, as tixeiras e incluso o seu embigo umbilical. E como non, non podían faltar os chupetes!!!

PREMER EN "LEER MÁIS" PARA VISUALIZAR O VÍDEO


sábado, 26 de enero de 2019

BREOGÁN PROTAGONISTA DA SEMANA!!!

Breogán chegou a aula cunha caixiña chea de recordos de cando era bebé. Ensinounos entre outras cousas o seu moneco,  un dos axóuxeres que lle encantaban, a cuchara coa que tomaba os purés e a través das fotos puidemos coñecer a súa familia. Explicounos todo moi ben, e como non podía ser doutra maneira bailamos ao son da música da Patrulla Canina.

PREMER EN "LEER MÁIS" PARA VISUALIZAR O VÍDEO

AS ABELLIÑAS FACEMOS UNHA VELA DE CERA

Fixemos un taller para elaborar unha vela feita con cera de coa axuda de pais e nais, precisamos cera, unha mecha e un secador para poder enroscar sen que se rompa a vela. Ao finalizar decarámola cuns lazos, quedaron moi fen feitiñas, aquí vos deixo o vídeo.

MOITAS GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN.


PREMER EN "LEER MÁIS" PARA VISUALIZAR O VÍDEO