Esta semana as nosas compañeiras LAIA, ALMA e IRIA trouxéronnos á aula varios libros relacionados coa temática do noso proxecto, sobre a PREHISTORIA. Gustáronnos moito!!
viernes, 8 de octubre de 2021
miércoles, 6 de octubre de 2021
Aniversario de GAEL
Esta semana conmemoramos na nosa aula, a dos PINGÜÍNS, o aniversario de GAEL que cumpríu xa a idade de 5 ANOS.
E dado que seguimos co COVID-19 a voltas, atopamos "outras formas" de celebralo na aula: postal de felicitación feita polos seus compañeiros/as e un rico biscoito de plastilina elaborado polo alumnado.
FELICIDADES GAEL
martes, 5 de octubre de 2021
POSTAL DE PINGÜI
DADO QUE O NOSO ALUMNADO SE INTERESOU POR PINGÜI ESCRIBÍNDOLLE UNHA CARTA DÍAS PASADOS, A SÚA RESPOSTA NON SE FIXO AGARDAR E, A NOSA MASCOTA, CONTESTOUNOS A TRAVÉS DUNHA POSTAL CHEGADA DA ANTÁRTIDA.
jueves, 30 de septiembre de 2021
COMEZAMOS CO PROXECTO NA AULA DOS PINGÜÍNS
HOXE NA AULA DOS PINGÜÍNS, E TRAS VARIOS DÍAS FALANDO DESTA TEMÁTICA, DECIDIMOS TRABALLAR A PREHISTORIA E APRENDER COUSAS ACERCA DESTE MOMENTO.
ASÍ FOI QUE RECOLLEMOS AS IDEAS PREVIAS E, DE FORMA CONXUNTA, ELABORAMOS UNHA NOTA PARA LEVAR A CASA E INFORMAR ÁS NOSAS FAMILIAS, XUNTO CUN DEBUXO RELACIONADO.
A CONTINUACIÓN PUBLICAMOS UNHA MOSTRA DESAS NOTAS ASI COMO DAS IDEAS PREVIAS:
viernes, 24 de septiembre de 2021
Carta a Pingüi
Hoxe o alumnado de 5 anos da aula dos Pingüíns, cansos de esperar polo regreso da súa mascota (marchou antes de aparición desta pandemia), decidiron escribirlle unha carta (función práctica da linguaxe escrita).
Esperamos que chegue ao seu destino e volver ter noticias pronto de PINGÜI.
martes, 22 de junio de 2021
GRADUACIÓN 5 ANOS
Chegou o momento das despedidas ;pero non se trata dun adeus ...senón dun ata logo.
Nestes vídeos podedes desfrutar das graduacións dos nenos/as de 5 anos que remataron o seu camiño en infantil cheos de ilusión.
Nunca deixedes de soñar .
viernes, 14 de mayo de 2021
LETRAS GALEGAS 2021
PARA SABER ALGO DA NOSA HOMENAXEADA....
XELA ARIAS
LETRAS GALEGAS 2021
NESTAS DATAS RECOMENDAMOS, TAMÉN, SEGUIRLLE A PISTA A ESTE MARABILLOSO MÚSICO QUE É
MAGÍN BLANCO
Tamén incluímos o enlace para imprimir e colorear o abecedario
LETRAS GALEGAS 2021
SEGUIMOS COAS ACTIVIDADES AGORA DANDO AS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POR PARTICIPAR NA ACTIVIDADE "O MEU LIBRO FAVORITO"