lunes, 21 de febrero de 2022

PINGÜI -- NOTICIAS

Na aula dos PINGÜÍNS elaboramos hoxe a primeira edición do noso xornal da fin de semana.

Neste "PINGÜI -- NOTICIAS", o alumnado quixo destacar cousas que para eles/elas foi de interese. Despois de elaboralas, puxémolas en común, onde cada un/unha explicounos a súa NOTICIA con máis detalle.

Esperamos e desexamos que vos guste, e que a actividade sexa o suficientemente motivadora para que os/as PINGÜÍNS queiran seguir a elaborar máis edicións.

Aquí vos presentamos o noso xornal:

https://drive.google.com/file/d/1bsG4VBiBsz-BLoAouxEvxPBmoKtm1zFB/view?usp=sharing 


CHEGARON OS DINOSAURIOS

Chegaron os DINOSAURIOS á aula dos PINGÜÍNS, como unha parte máis dentro do noso proxecto da PREHISTORIA.

Tanto IAGO coma GAEL mostráronnos dous DINOSAURIOS e falamos, a continuación, das súas características: CARNÍVORO ou hervívoro, se era un animal doméstico ou SALVAXE, e se camiñaba en 4 ou 2 patas (neste caso, BÍPEDO).

O ESPINOSAURIO de IAGO deu pé ao traballo en mesa dos seguintes días, traballando sobretodo a lectoescritura.






martes, 15 de febrero de 2022

domingo, 13 de febrero de 2022

Taller de Barro

Coma na época da PREHISTORIA, estes días pasados levamos a cabo un taller de BARRO co noso alumnado no que, eles/elas intentaron elaborar as súas ferramentas e utensilios: lanzas, pratos, culleres, vasos e tazas, anzois...e ata houbo quen se animou a facer un colar.

Encantounos a actividade!!







viernes, 11 de febrero de 2022

SEGUIMOS CONTRIBUÍNDO AO PROXECTO

Nestas últimas semanas, seguimos recibindo máis contribucións ao noso PROXECTO da PREHISTORIA onde o noso alumnado nos conta diferentes cousas desta temática tan atraínte.

E máis sorpresas que nos depararán nas vindeiras semanas como punto e final deste proxecto que, á súa vez, será o trampolín de saída cara o proxecto que nos acompañará ata o remate do presente curso escolar.


LEIRE contribuíu cun novo libro para a aula.


LAIA trajo fósiles-huesos elaborados en casa.


ALBA nos habló sobre diferentes animales prehistóricos.



miércoles, 9 de febrero de 2022

martes, 1 de febrero de 2022

REENCONTROS

Despois duns días difíciles nos que tivemos que quedar na casa vixiando a nosa SAÚDE, hoxe por fin, volvemos á aula, algo que xa se botaba moito de menos: volvernos ver, volver a estar xuntos, a compartir contos e falar entre nós, a xogar xuntos, a bailar,...

Hoxe foi un día de REENCONTROS, un día moi feliz como quedou reflexado no noso recuncho das EMOCIÓNS onde cada un/unha de nós manifestaba a súa ledicia por volver ao colexio.






martes, 25 de enero de 2022

E TI , DE QUEN VÉS SENDO?

           🌍🌎PROXECTO ANUAL DA EEI VILA LAURA🌏 

                            E TI, DE QUEN VÉS SENDO?

                               Grazas pola vosa colaboración, unha aperta



jueves, 20 de enero de 2022

CRUCIGRAMA PREHISTORIA

A continuación vos deixamos unha encrucillada da PREHISTORIA elaborada por NORA e a súa familia. Aproveitamos na aula para levar a cabo, primeiro de forma conxunta e posteriormente de xeito individual, dito pasatempo de interese.

Podedes descargar as imaxes e facer a encrucillada na casa xunto ao voso fillo/a!






martes, 18 de enero de 2022

Novas aportacións ao proxecto

Seguimos aprendendo máis cousas a través do noso proxecto, e as aportacións do noso alumnado non fai máis que acrecentar o entusiasmo e a curiosidade por querer saber máis daquela época prehistórica.

A continuación vos deixamos algúns destes intres tan enriquecedores:


NORA explicándonos sobre os primeiros homes que habitaban a terra


GAEL porta unha ferramenta que empregaban para CORTAR


TEO móstranos un dos seus libros favoritos sobre OS DINOSAURIOS


LÚA posando cunha vasilla de barro


MATEO mostrándonos debuxos de cómo ilustraban nas COVAS as súas vidas cazando

E todo isto axúdanos a manter esa motivación por querer seguir aprendendo acerca desta temática tan interesante, e aproveitar para, a través deste proxecto, traballar de xeito transversal outros conceptos desta etapa de Educ. Infantil.

Unha vez máis, moitas grazas por todo o voso traballo na casa cos vosos fillos/as.