viernes, 18 de octubre de 2019
miércoles, 12 de junio de 2019
O 11 DE XUÑO FOI UN DÍA FORMIDABLE PARA VILALAURA, DE ESOS QUE NON SE OLVIDAN.
TODOS XUNTOS, REMANDO Á FAVOR DE OBRA , SENTANDO OS CIMENTOS PARA SUCESIVOS ACONTECEMENTOS QUE VIRÁN...
DIN QUE O CAMIÑO DEMOSTRASE ANDANDO, ONTE DEMOS UN PASO XIGANTE RESPETANDONOS UNS AOS OUTROS, AGARDANDO OS TEMPOS E FORMANDO UN GRAN EQUIPO.
NON TEÑO PALABRAS PARA AGRADECER TODO O TRABALLO QUE SE FIXO ONTE PARA QUE TODO SAIRA BEN.SEGUIDE ASÍ PORQUE ALGÚN DÍA DAREDESVOS CONTA DO IMPORTANTE QUE É ACOMPAÑAR ÓS VOSOS FILLOS/AS NA TRAXECTORIA DA SÚA VIDA.
ATA O VINDEIRO CURSO.
A DIRECTORA.
domingo, 9 de junio de 2019
VISITA DE EMI TORRÓN Á ESCOLA, UNHA GRAN PINTORA
EMI TORRÓN, UNHA GRAN ARTISTA COÑECIDA COMO A PINTORA DAS MAZÁS, VISITA A NOSA ESCOLA CO GALLO DO PROXECTO DE 4 ANOS TRABALLANDO PINTORES FAMOSOS DO MUNDO MUNDIAL.
FOI UNHA EXPERIENCIA MARAVILLOSA DEIXANDO UNHA GRANDE PEGADA NO NOSOS CATIVOS E CATIVAS. SAIRÁ ALGÚN GRAN ARTISTA DESPOIS DESTA GRANDE EXPERIENCIA?
martes, 23 de abril de 2019
ULTIMOS EXPERIMENTOS DAS ABELLIÑAS!!!
Rematado xa o segundo trimestre preséntovos os últimos experimentos que nos viñeron a ensinar a aula Cristina e Alba, a nai e irmá de Bruno; Marta, a nai de Valentina; María, a nai de Martina; Cristina Martín, a nai e o irmán de Ulises e Carlos, un dos nosos científicos da clase. Déixovos un vídeo destes experimentos:
- A piña máxica, unha piña que se abre ou pecha se se molla
- Reloxo de area pero con xiz de cores.
- Carreira de barcos empregando imáns.
- Observamos a través do microscopio distintas mostras.
- Fixeron un volcán de lava expectacular
- Descubriron como facer nubes e como cae a choiva.
MOITAS GRAZAS MAMIS POLA VOSA COLABORACIÓN.
ULISES PROTAGONISTA DA SEMANA!!!
Empezamos a semana cos xoguetes preferidos de Ulises, os Superzings!!! Veu cargado deles, de coches, de estacións...encantoulles a todos poder xogar con eles. Ensinounos algúns xogos de madeira cos que xogaba e xoga, e veu a súa familia a mostrarnos un álbum que recollía os mellores momentos de Ulises e o seu irmán tamén nos contou un conto.
Despois, aproveitando que estabamos co proxecto dos científicos, fixeron un experimento que lles fascinou, un volcán de lava!!! E despedimos a súa familia ao son de "súbeme la radio".
Os seus avós tamén nos visitaron outro día, leéronnos un dos contos preferidos de Ulises e trouxéronnos unha merenda exquisita, pan con marmelo, galletas, e algunha froita.
MOITAS GRAZAS FAMILIA POLA VOSA PARTICIPACIÓN!!
Despois, aproveitando que estabamos co proxecto dos científicos, fixeron un experimento que lles fascinou, un volcán de lava!!! E despedimos a súa familia ao son de "súbeme la radio".
Os seus avós tamén nos visitaron outro día, leéronnos un dos contos preferidos de Ulises e trouxéronnos unha merenda exquisita, pan con marmelo, galletas, e algunha froita.
MOITAS GRAZAS FAMILIA POLA VOSA PARTICIPACIÓN!!
sábado, 13 de abril de 2019
NEREA PROTAGONISTA DA SEMANA!!!
Os pais de Nerea viñeron a visitarnos para contarnos como era de bebé, que é o que máis lle gustaba e como a medida que foi crecendo foi cambiando de gustos... Vimos unhas fotos na pantalla de cando era pequena, da súa familia, dalgún viaxe... e trouxéronnos para endulzar a boca unhas chuches.
GRAZAS PAPIS POLA VOSA PARTICIPACIÓN.
GRAZAS PAPIS POLA VOSA PARTICIPACIÓN.
sábado, 30 de marzo de 2019
XIÁN PROTAGONISTA DA SEMANA!!!
A Xián acompañárono os seus pais, trouxeron un montón de cousas de cando era cativo e mostráronnos a súa familia con fotos, os seus gustos e afeccións. Disfrazouse de mago xa que lle encanta a maxia e mostrounos un dos seus xoguetes preferidos, unha máquina de xeados de plastilina, encántalle a plasti!!! Aproveitando que estamos inmersos no proxecto científico, fixo un disco de Newton que nos encantou manexar e regalounos para despedir a semana unhas gomis e unha careta da patrulla canina.
MOITAS GRAZAS MAMÁ E PAPÁ POLA VOSA PARTICIPACIÓN.
domingo, 24 de marzo de 2019
ANDRÉS PROTAGONISTA DA SEMANA!!!
A nai de Andrés acompañouno para explicarnos todo o que lle gusta e o que non, leeunos un conto de superhéroes que lle encantan, e presentounos cousiñas de cando era máis pequeno, polo que o coñecimos un pouquiño máis.
Grazas mamá pola túa participación.
martes, 12 de marzo de 2019
ENTROIDO DE CONTO
Este ano adicado aos contos tradicionais, decoramos o cole e os traballamos máis detalladamente en cada aula e lucindo cada día o que nos mandaba o meco.
O xoves, o día do desfile, enchemos de color e ilusión o patio disfrazados de: Ratiña Presumida, Carapuchiña Vermella, Alicia no País das Marabillas, Peter Pan e o Mago de Oz.
O xoves, o día do desfile, enchemos de color e ilusión o patio disfrazados de: Ratiña Presumida, Carapuchiña Vermella, Alicia no País das Marabillas, Peter Pan e o Mago de Oz.
Etiquetas:
ABELLIÑAS,
ASTRONAUTAS,
BOLBORETAS,
ESQUÍOS,
EXPLORADORES,
GOLFIÑOS,
INDIOS,
MARIÑEIROS,
OSIÑOS,
PIRATAS,
TARTARUGAS,
XIRAFAS
Suscribirse a:
Entradas (Atom)