lunes, 15 de marzo de 2021
ANIVERSARIO DE NORA
CASIÑAS DE MIÑOCAS
AS NENAS E NENOS DE 5 ANOS CONSTRUIMOS VERMICOMPOSTEIROS...
ASÍ PODEMOS ESTUDAR COMO SON, COMO VIVEN E O IMPORTANTE QUE SON PARA NOSA HORTA.
CADA EQUIPO FIXO A SÚA CASIÑA.
NO SEGUINTE ENLACE PODEDES VER UN POUQUIÑO DA ACTIVIDADE.
jueves, 11 de marzo de 2021
PLANTAMOS AMORODOS
AS NENAS E NENOS DE 5 ANOS SAIRON A HORTA A PLANTAR AMORODOS.
BOLBORETAS, OSIÑOS, EXPLORADORES E INDIOS O PASARON FENOMENAL.
NA SEGUINTE PRESENTACIÓN RECOLLEMOS ALGÚNS DOS MOMENTOS.
miércoles, 10 de marzo de 2021
ASÍ CELEBRAMOS O DÍA DA MULLER NO VILA LAURA
Con gallo do 8 de Marzo, Día da Muller traballadora, desde Vila Laura queriamos facerlle unha homenaxe a todas as mulleres importantes da vida dos nosos cativos e con esta premisa enchemos as paredes coas súas fotos como estrelas de cine, creando así o noso propio PASEO DA FAMA!!!
sábado, 27 de febrero de 2021
martes, 23 de febrero de 2021
Nova aportación de NORA
Onte NORA tamén aportou ao noso proxecto un libro moi interesante sobre o CORPO HUMANO.
lunes, 22 de febrero de 2021
OS TENDÓNS DE GAEL
Na quenda de GAEL, falounos dos TENDÓNS e a súa importancia!
Sabedes para que sirven?
Asimesmo, mostrounos o seu funcionamento cunha exposición caseira magnífica onde se vía perfectamente como éstes, enlazados aos nosos MÚSCULOS axudan a mover os nosos ÓSOS.
OS DENTES DE IRIA
IRIA sorprendeunos cunha dentadura moi grande onde nos explicou os tipos de DENTES, as súas funcións, e como cepillar correctamente os mesmos. Tamén nos contou a súa visita á súa dentista.
Isto pertence ao noso sistema dixestivo, dentro do proxecto do CORPO HUMANO que estamos levando a cabo na nosa aula.
Sabedes cantos dentes temos aos 4 anos? e como se chaman éstes?
sábado, 20 de febrero de 2021
OS ÓRGANOS DE MATEO
Na quenda de MATEO, éste sorprendeunos cunha exposición sobre os nosos ÓRGANOS e como coidalos.
Sabedes qué temos que facer para coidar e protexer os nosos osos, os nosos riles ou o noso cerebro?