jueves, 25 de marzo de 2021

PREPARATIVOS PARA O TEATRO

Hoxe a aula dos PINGÜÍNS levará a cabo a dramatización e posta en escea dunha OBRA DE TEATRO relacionada co proxecto que estamos desenvolvendo na aula.

Dende aquí reivindicamos todos os aspectos positivos desta actividade, entre outros: expresión corporal, expresión xestual, oral, dramatización, vencer ese medo e timidez,... así como todos os detalles da preparación (os ensaios, a decoración dos materiais e escenario, a lectoescritura elaborando a invitación ao noso público asistente,...), e a ILUSIÓN co que este alumnado fai as cousas!


SAÚDO FINAL NO ÚLTIMO ENSAIO


PREPARANDO A DECORACIÓN DO ESCENARIO


INVITACIÓNS FEITAS NA AULA


ENTREGA DAS INVITACIÓNS


ENTREGA DAS INVITACIÓNS Á AULA DOS PIRATAS


jueves, 18 de marzo de 2021

ANIVERSARIO DE MATEO

Hoxe é o aniversario de MATEO polo que, na nosa aula, ademáis de cantarlle, tamén lle escribimos entre todos unha fermosa postal, como é tradición. E a través do noso xogo simbólico, sopramos as velas!

Tanto MATEO hoxe, como estes días pasados NORA, agasallaron aos compañeiros/as da clase cuns fermosos contos polos seus cumpreanos. Moitas grazas a ambos polo detalle!!



FELICIDADES MATEO!!!


lunes, 15 de marzo de 2021

ANIVERSARIO DE NORA

Hoxe conmemoramos o aniversario de NORA que cumpre xa 5 anos.
Ainda que este ano coas medidas e restricións COVID-19 os aniversarios xa non son como os de antes, un neno da aula tivo a idea de facerlle unha tarta con plastilina. Despois lle arrimamos unha vela co seu número correspondente e, como facíamos anos atrás, cantámoslle o "cumpreanos feliz" en castelán e inglés.




MOITAS FELICIDADES NORA!!

CASIÑAS DE MIÑOCAS


AS NENAS E NENOS DE 5 ANOS CONSTRUIMOS VERMICOMPOSTEIROS...

ASÍ PODEMOS ESTUDAR COMO SON, COMO VIVEN E O IMPORTANTE QUE SON PARA  NOSA HORTA. 

CADA EQUIPO FIXO A SÚA CASIÑA. 

NO SEGUINTE ENLACE PODEDES VER UN POUQUIÑO DA ACTIVIDADE.



jueves, 11 de marzo de 2021

PLANTAMOS AMORODOS

AS NENAS E NENOS DE 5 ANOS SAIRON A HORTA A PLANTAR AMORODOS.

BOLBORETAS, OSIÑOS, EXPLORADORES E INDIOS O PASARON FENOMENAL.

NA SEGUINTE PRESENTACIÓN RECOLLEMOS ALGÚNS DOS MOMENTOS.



miércoles, 10 de marzo de 2021

ASÍ CELEBRAMOS O DÍA DA MULLER NO VILA LAURA

Con gallo do 8 de Marzo, Día da Muller traballadora, desde Vila Laura queriamos facerlle unha homenaxe a todas as mulleres importantes da vida dos nosos cativos e con esta premisa enchemos as paredes coas súas fotos como  estrelas de cine, creando así o noso propio PASEO DA FAMA!!!




sábado, 27 de febrero de 2021

martes, 23 de febrero de 2021

Nova aportación de NORA

 Onte NORA tamén aportou ao noso proxecto un libro moi interesante sobre o CORPO HUMANO.



GRAZAS NORA!!


lunes, 22 de febrero de 2021

OS TENDÓNS DE GAEL

Na quenda de GAEL, falounos dos TENDÓNS e a súa importancia!

Sabedes para que sirven?

Asimesmo, mostrounos o seu funcionamento cunha exposición caseira magnífica onde se vía perfectamente como éstes, enlazados aos nosos MÚSCULOS axudan a mover os nosos ÓSOS



GRAZAS GAEL pola túa aportación!!