ESTA SEMANA TOCOULLE A DANIELA SER PROTAGONISTA. VEU ACOMPAÑADA DA SÚA MAMÁ HILDEGARD. DESPOIS DE PRESENTALA, PRESENTÁMONOS CADA UN DOS ASTRONAUTAS.
DANIELA TIÑA MOI PRESA E MOITAS GANAS DE ENSINAR AOS SEUS COMPAÑEIROS/AS TÓDALAS COUSIÑAS QUE TIÑA GARDADAS NESA MOCHILA, ... METEUSE MOI BEN NO PAPEL DE PROFE, PEDINDO SILENCIO A CADA NENO/A PARA QUE LLE PRESTARAN ATENCIÓN. O PRIMEIRO QUE AMOSOU FOI O SEU OSIÑO MUSICAL, SEGUIDO DE "RICITOS DE ORO", A SÚA BONECA PREFERIDA, E UN CANCIÑO DE MADEIRA QUE SE ARRASTRA E QUE XA LLE QUEDABA ALGO CURTA A CORREA DÁNDONOS CONTA DO QUE MEDRARA DANIELA, ... TAMÉN NOS DIXO QUE A SÚA COMIDA FAVORITA SON OS ESPAGUETIS E AS CROQUETAS. CONTOUNOS UN DOS SEUS CONTOS PREFERIDOS: "LA NIÑA MOFLETES". CANCIÓNS FAVORITAS TIÑA VARIAS ("LA BICLICLETA", "SÚBEME LA RADIO", "DESPACITO", "SUÉLTALO") E DEBUXOS ANIMADOS TAMÉN (PEPPA PIG, PRINCESAS, FROZEN).
A TRAVÉS DUNHAS FERMOSAS FOTOS, VIMOS QUE ERA MOI PEQUENIÑA AO NACER (E DE FEITO ASÍ O CONTOU DANIELA).
REMATAMOS BAILANDO TÓDALAS SÚAS CANCIÓNS FAVORITAS, POLO QUE PASÁMOLO MOI BEN CON TANTA CANCIÓN MARCHOSA!!!
REMATAMOS BAILANDO TÓDALAS SÚAS CANCIÓNS FAVORITAS, POLO QUE PASÁMOLO MOI BEN CON TANTA CANCIÓN MARCHOSA!!!
MOITAS GRAZAS MAMÁ DE DANIELA POR ACOMPAÑALA NA SÚA PRESENTACIÓN!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario