O PROTAGONISTA DESTA SEMANA FOI ... ÁLVARO!!
ÁLVARO VEU ACOMPAÑADO POLO SEU PAPÁ JESÚS, QUEN LLE AXUDOU NAS SÚAS EXPLICACIÓNS.
TRÓUXONOS UNHA MOREA DE FOTOS, QUE SERVIRON DE BASE PARA PRESENTAR A SÚA FAMILIA: A SÚA MAMÁ, Mª JOSÉ, AOS SEUS AVÓS E AO RESTO DOS MEMBROS DA FAMILIA.
SOUBEMOS QUE JESÚS E ÁLVARO SON DOUS PROFESIONAIS XOGANDO AO BADMINTON!! O SEU PAPÁ EXPLICOUNOS QUE SE XOGABA CUNHA RAQUETA E UN VOLANTE, FEITO COAS PLUMAS DUN GANSO. VIMOS COMO ERA UNHA RAQUETA DE BADMINTON E QUE NON ERA IGUAL CA DE TENIS.
TAMÉN ENSINOUNOS A MANTIÑA QUE USABA CANDO ERA BEBÉ, QUE LLE CHAMA "TITA", E QUE AGORA DURME CON OUTRA MANTA MOITO MÁIS GRANDE!!!
O SEU PAPÁ CONTOUNOS O CONTO FAVORITO DE ÁLVARO: "EL MONSTRUO DE COLORES", UN CONTO QUE TRATA DAS EMOCIÓNS. TÓDOLOS ASTRONAUTAS COÑECÍAMOLO Á PERFECCIÓN, XA QUE O ANO PASADO TRABALLAMOS ESTE TEMA, POLO QUE ESCOITÁMOLO CON MOITO INTERESE.
XA SABIAMOS QUE A ÁLVARO LLE ENCANTAN OS COCHES, PERO TAMÉN CONTOUNOS QUE OUTRO XOGUETE FAVORITO ERA UN CABALIÑO DE MADEIRA, QUE NON PUIDO LEVALO AO COLE PORQUE ERA MOI GRANDE. O QUE SI TROUXO SON ALGÚNS COCHES, E UN BONECO DE STAR WARS QUE A MAIORÍA DOS ASTRONAUTAS O OBSERVOU CON MOITA ADMIRACIÓN.
COMO REMATE FINAL, BAILAMOS UNHA DAS SÚAS CANCIÓNS PREFERIDAS: "DESPACITO".
MOITAS GRACIAS JESÚS POR ACOMPAÑARNOS!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario