Co gallo de fomentar o deporte, a vida sana e a boa alimentación (dentro do noso Plan de actividades físicas e hábitos saudables), dende a nosa Escola animámosvos a participar en actividades deportivas, como as carreiras populares que se organizan dende o Concello de Vigo, entre outras.
Fai uns días, coincidindo coa proba deportiva da media maratón de Vigo, houbo carreira tamén para os máis pequenos da casa. A EEI Vila Laura tivo unha fermosa representación coa participación de parte do noso alumnado onde correron, disfrutaron, e levaron para a súa casa unha máis que merecida medalla.
O vindeiro domingo 3 de decembro tendes unha nova oportunidade de participar. Alí nos veremos.
Tedes máis información no seguinte enlace: https://magmasports.es/es/evento/peques
No hay comentarios:
Publicar un comentario