Este curso o Entroido xirou entorno os proxectos que traballamos por niveis desfilando pola rúa coas seguintes temáticas: nivel de 3 anos: Contos ao revés; nivel de 4 anos: O antiguo exipto e nivel de 5 anos: O Universo.
Durante toda a semana o Meco deunos as ordes tendo en conta o proxecto anual do centro "Un Mundo ao revés". Grazas familias pola vosa creatividade e imaxinación dándolle unha volta á realidade.
E como decoración dos corredoiros centrámonos en imaxes diferentes do Entroido Galego: traxes, gastronomía e lugares onde o Entroido celébrase por todo o alto, dando a coñecer un pouquiño máis a nosa cultura.
Clica na imaxe para visualizar o vídeo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario