miércoles, 12 de abril de 2023

Día Mundial do Autismo

 No marco do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, toda a escola sumouse a campaña "Llamémoslo por su nombre", visibilizando o TEA e axudando a comprender a variabilidade que existe dentro do espectro do autismo (símbolo do infinito como arco da vella) realizando debuxos do infinito e lendo contos ou visionándoos.

Fixemos tamén no patio de abaixo unha Ginkana Psicomotriz en forma de infinito onde dúas aulas percorrían o circuito, ao final do cal os nenos/as pintaron un infinito multicolor xigante.



jueves, 23 de marzo de 2023

Adiviñas en galego

A pasada semana levamos a cabo a semana das ADIVIÑAS en galego, unha forma máis de potenciar a expresión oral do noso alumnado na Lingua Galega.

Tras recitar cadansúa adiviña na aula, puxémolas en común, por niveis, na biblioteca do centro ao remate da semana. Todo un éxito!! E o ben que o pasamos tratando de adiviñar qué era cada unha delas!!

Agradecer dende aquí ás familias pola súa colaboración e implicación nesta actividade complementaria.

A continuación vos deixamos unha representación de imaxes por niveis das exposicións na nosa biblioteca:






















miércoles, 22 de marzo de 2023

APORTACIÓNS AO PROXECTO

Hoxe o noso compañeiro LEO trouxo á aula material relacionado co noso proxecto. Neste caso, falounos e explicounos características dos PINGÜÍNS: cómo se reproducen, qué comen,...


Non só aportan ao proxecto información senón que detrás deste tipo de actividades, os nenos/as, contándonos o que fixeron en familia na casa, favorecen a memoria e a expresión oral, van perdendo a súa vergoña, séntense importantes ao ser o centro de atención, e isto tamén repercute na súa autoestima e no seu benestar afectivo, entre outros moitos aspectos.


GRAZAS LEO pola vosa aportación ao grupo!!





martes, 21 de marzo de 2023

A PRIMAVERA

Hoxe na aula dos PINGÜÍNS, co gallo de conmemorar o comezo da PRIMAVERA, levamos a cabo a nosa habitual asemblea no patio da nosa escola.





lunes, 20 de marzo de 2023

CELEBRANDO O DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Para conmemorar este gran día as familias axudáronnos a buscar mulleres traballadoras relacionadas coa música, co deporte e coa arte (pintoras e escultoras). Recollidas todas os nenos/as as pegaron nun mural que deixamos nos corredoiros.










lunes, 27 de febrero de 2023

CONCERTO DE CLARINETE

As nosas compañeiras e mestras de prácticas, Sara e Raquel, ofrecéronnos un concerto de clarinete que nos fascinou a todos, primeiro por poder disfrutar da melodía e despois porque o converteron nun xogo de adiviñas.

Moitas grazas polo voso traballo, esforzo e dedicación.





viernes, 24 de febrero de 2023

COPLAS DO NOSO ENTROIDO




Clicar na imaxe ou no enlace para visualizar o vídeo.

https://drive.google.com/file/d/1a2zeVGmGefVsF2vW2qFRJcn2D6cjRw-F/view?usp=share_link

jueves, 23 de febrero de 2023

Xoves en galego

Aproveitando que hoxe xoves conmemoramos na escola o "Día de Rosalía", propoñémosvos a toda a Comunidade Educativa a seguinte actividade ata o final do presente curso escolar:

-- Falar en galego (ou intentalo, na medida do posible) todos os xoves do curso, co fin de promocionar un pouquiño máis o noso idioma.

Esta actividade podédela traspasar fóra dos muros da nosa escola á vosa vida diaria (e cos vosos fillos/as).