domingo, 23 de abril de 2017

XIRAFAS E ABELLIÑAS VISITAN O CONCELLO DE VIGO

Esta visita resultou moi interesante xa que non só coñecimos o Concello senón tamén as murallas do Castelo de San Sebastián e a Policía Local, onde nos ensinaron a sala de control de tráfico, a sala onde gardan as armas, a sala de reunións, os coches e motos e o seu ximnasio.
Despois subimos ao Concello onde lle demos unha carta á Secretaria do Alcalde, xa que ese día o Alcalde non se atopaba na cidade, invitándoo a coñecer o noso cole. Sentámonos no salón de plenos e puidemos intervir como se pertenecésemos a él, distinguimos as distintas bandeiras que teñen que estar, o escudo de Vigo e o sitio onde se pon a prensa. Finalmente visitamos a escola de danza, vimos algúns intrumentos e un grupo de señoras maiores deleitounos cunha muiñeira e cunha cantiga. Pasámolo fenomenal!!

Aquí  déixovos o vídeo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario