Fai uns días que recibimos a visita do noso ex-alumnado, nenas e nenos que hoxe están no primeiro curso do CEP Fleming.
Tanto elas/eles coma nós, desexábamos esa visita: volvernos a ver, que poidesen disfrutar do novo patio, compartir momentos,...
Dúas aulas viñeron en cadanseu momento a representar na biblioteca un pequeno conto:
E as outras dúas aulas viñeron a contarnos un conto en pequeno grupo a todo o alumnado de 3 anos.
O acabar as actividades programadas, tanto o alumnado de primeiro curso como o noso alumnado de 4º educ. infantil, disfrutamos todos xuntos dun momento de convivencia e xogos no noso patio novo.
Agradecer dende aquí a visita do alumnado do CEP Fleming e ás súas titoras por compartir estes marabillosos momentos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario