Vila Laura blog
viernes, 31 de julio de 2026
Participación dunha curta en Nós Tamén Creamos!
Un ano máis a nosa escola participou no programa de dinamización lingüística "Nós tamén creamos!", da Secretaría Xeral da Lingua e da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación educativa, en colaboración coa Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia e OQO Editora.
Deixámosvos a continuación o enlace para poder visualizar a nosa curta na que participaron as aulas de 5º nivel (4 anos) e leva por título "Algo pasa na casa do lobo".
https://www.xabarin.gal/videos/detail/375434-eei-vila-laura-algo-pasa-na-casa-do-lobomiércoles, 10 de junio de 2026
VIOLETA MONREAL, ILUSTRADORA E ESCRITORA
Para finalizar o noso proxecto anual, ARTEllando no Vilalaura, trouxemos a ilustradora Violeta Monreal, para realizar tres obradoiros, un por cada nivel, onde ía creando personaxes únicos transmitíndonos ao mesmo tempo os seus valores fundamentais como son a confianza nas nosas ideas, o respeto á creatividade do outro. o valor da constancia e a beleza do imperfecto.
Gran ilustradora con mans de fada e corazón de nena achégase aos máis cativos a través dun mundo de fantasía. Trasgos, bruxas e dragóns salen da súa bolsa e das súas mans un incrible despliegue de imaxinación e destreza.
Unha visita marabillosa e fantática!!
jueves, 28 de mayo de 2026
Apadriñamento lector cos rapaces do CEP Dr. Fleming
miércoles, 27 de mayo de 2026
Día das letras galegas en Vila Laura
Durante a semana previa ao 17 de maio realizamos unha serie de actividades propostas desde o equipo de dinamización da lingua galega para conmemorar o día das letras galegas adicado a Begoña Caamaño.
As Xirafas indagaron sobre a vida de Begoña Caamaño e fixeron unha pequena entrevista na radio realizando un podcast onde entrevistados e entrevistadores falaban un pouco dela. Asemade contáronnos os xogos populares que iamos facer todas as aulas no patio.
https://drive.google.com/file/d/1HsJBol0cHv81i0W-9rGgQPoJIofs_fAu/view?usp=sharingNo seguinte vídeo podedes ver os distintos xogos dos que disfrutamos: petanca, carreira de padiolas, zancos e aros.
O xoves saimos todos xuntos ao patio e cantamos a cantiga "Begoñísima" de Uxía e Malvela que disfrutaron moitísimo.
Rematamos os actos conmemorativos das letras galegas cunha sesión especial sobre Begoña Caamaño e a cantiga As árbores da fraga de Fol do Vento sobre as árbores galegas a cargo de Rosa e Elena, dúas mestras eméritas da nosa escola sempre dispostas a colaborar.
miércoles, 13 de mayo de 2026
AS NOSAS CIDADES
lunes, 11 de mayo de 2026
Obradoiro "Camiña con nós pola Igualdade"
Rematamos os obradoiros organizados polo Concello de Viga da campaña "Camiña con nós pola Igualdade" contándolle ás aulas das Tartarugas e Xirafas o conto "Nos tratamos bien", de Lucía Serrano. Magnífica historia sobre a amizade, o respeto e a importancia de tratarnos ben.
Fixemos dous obradoiros, un debuxo onde a través das cores reflexan o que lles facía feliz e outro taller onde con perrucas, antefaces, gafas e distintos elementos transformaban a cada un deles.
domingo, 26 de abril de 2026
Directo na Radio Galega
Este tercer trimestre os nenos e nenas de 6º de infantil comezamos co proxecto "Somos Xornalistas" e aproveitando que a tía de Mara é periodista achegouse a nosa escola para explicarnos como se fai un informativo, como é un plató de televisión e todo o equipo que está detrás dos informativos. Presentounos a Xabarín, a mascota da programación infantil e despois dividímonos en grupos que serían as nosas seccións e fixemos unhas pequenas gravacións de entrevistas que estanse a editar. Será toda unha sorpresa!
Con ela fixemos unha conexión en directo co programa de radio da TVG e regaláronnos unha mochila de Xabarín que nos encantou.
Moitas grazas.
Apadriñamento lector cos rapaces do IES do Castro
Co gallo do Día do Libro visitáronnos na escola nenos e nenas do IES do Castro para contarnos un conto aos rapaces de 5 anos. Leron, interpretaron e animaron as súas historias, foi unha sesión de apadriñamento lector única.
Nós, como agradecemento lles fixemos durante a semana un marcapáxinas cunha flor feita co lápis 3D.
Descubrindo o cine con rapaces do Instituto
Soralla, a nai de Noé da clase de Exploradores, acudiu co seu alumnado do Instituto Santo Tomé para levar a cabo a actividade "Como funciona o cine".
Explicáronnos a evolución do cine desde os seus inicios, faláronnos de como facer unha animación coa técnica de stop motion e visualizamos algunhas curtas en branco e negro grazas a un proxector Súper 8.
Despois nas aulas cada neno elaborou o seu proxecto empregando vasos plásticos, rotuladores e lanternas. O resultado foi incrible!
Moitas grazas pola vosa colaboración.











