martes, 21 de diciembre de 2021
jueves, 9 de diciembre de 2021
Reciclando
Na aula dos PINGÜÍNS, tan concienciados/as co coidado do medio ambiente, ademáis de reciclar os plásticos cada semana, comezamos estes días tamén o proceso de RECICLAXE do PAPEL usado na clase.
Así, ademáis de coñecer os diferentes pasos para RECICLAR, estamos a darlle un segundo uso ao noso papel e, deste xeito, contribuír a que non haxa que talar tantas árbores para conseguir este material.
PRIMEIRO PASO: RECORTAR PAPEL USADO

sábado, 20 de noviembre de 2021
20N -- DÍA UNIVERSAL DA NENA/O
Hoxe, 20 de novembro, celébrase o "DÍA UNIVERSAL DA NENA/O", onde recordamos os dereitos que teñen todos os nenos e nenas do mundo: dereito á sanidade, á igualdade, o dereito a ter unha vivenda, unha educación, unha familia, a poder xogar,...
viernes, 19 de noviembre de 2021
MÁIS ELEMENTOS DA PREHISTORIA
Onte ALMA contounos qué é un SILEX e qué funcións tiña, así como cal era o proceso para traballar as peles coas que abrigarse a posteriori nesta etapa prehistórica.
APORTACIÓNS AO PROXECTO
Esta semana tivemos novas e interesantes aportacións ao noso proxecto da PREHISTORIA.
jueves, 21 de octubre de 2021
CHEGOU PINGÜI
DESPOIS DUNHA POSTAL E DE MÚLTIPLES PISTAS QUE NOS FOI DEIXANDO PINGÜI AO LONGO DESTES DÍAS PASADOS,
POR FIN CHEGOU ONTE PINGÜI Á NOSA AULA, UNHA CHEGADA MOI DESEXADA POR TODOS NÓS.
viernes, 8 de octubre de 2021
Aportacións ao proxecto
Esta semana as nosas compañeiras LAIA, ALMA e IRIA trouxéronnos á aula varios libros relacionados coa temática do noso proxecto, sobre a PREHISTORIA. Gustáronnos moito!!
miércoles, 6 de octubre de 2021
Aniversario de GAEL
Esta semana conmemoramos na nosa aula, a dos PINGÜÍNS, o aniversario de GAEL que cumpríu xa a idade de 5 ANOS.
E dado que seguimos co COVID-19 a voltas, atopamos "outras formas" de celebralo na aula: postal de felicitación feita polos seus compañeiros/as e un rico biscoito de plastilina elaborado polo alumnado.
FELICIDADES GAEL
martes, 5 de octubre de 2021
POSTAL DE PINGÜI
DADO QUE O NOSO ALUMNADO SE INTERESOU POR PINGÜI ESCRIBÍNDOLLE UNHA CARTA DÍAS PASADOS, A SÚA RESPOSTA NON SE FIXO AGARDAR E, A NOSA MASCOTA, CONTESTOUNOS A TRAVÉS DUNHA POSTAL CHEGADA DA ANTÁRTIDA.
jueves, 30 de septiembre de 2021
COMEZAMOS CO PROXECTO NA AULA DOS PINGÜÍNS
HOXE NA AULA DOS PINGÜÍNS, E TRAS VARIOS DÍAS FALANDO DESTA TEMÁTICA, DECIDIMOS TRABALLAR A PREHISTORIA E APRENDER COUSAS ACERCA DESTE MOMENTO.
ASÍ FOI QUE RECOLLEMOS AS IDEAS PREVIAS E, DE FORMA CONXUNTA, ELABORAMOS UNHA NOTA PARA LEVAR A CASA E INFORMAR ÁS NOSAS FAMILIAS, XUNTO CUN DEBUXO RELACIONADO.
A CONTINUACIÓN PUBLICAMOS UNHA MOSTRA DESAS NOTAS ASI COMO DAS IDEAS PREVIAS:
viernes, 24 de septiembre de 2021
Carta a Pingüi
Hoxe o alumnado de 5 anos da aula dos Pingüíns, cansos de esperar polo regreso da súa mascota (marchou antes de aparición desta pandemia), decidiron escribirlle unha carta (función práctica da linguaxe escrita).
Esperamos que chegue ao seu destino e volver ter noticias pronto de PINGÜI.
martes, 22 de junio de 2021
GRADUACIÓN 5 ANOS
Chegou o momento das despedidas ;pero non se trata dun adeus ...senón dun ata logo.
Nestes vídeos podedes desfrutar das graduacións dos nenos/as de 5 anos que remataron o seu camiño en infantil cheos de ilusión.
Nunca deixedes de soñar .
viernes, 14 de mayo de 2021
LETRAS GALEGAS 2021
PARA SABER ALGO DA NOSA HOMENAXEADA....
XELA ARIAS
LETRAS GALEGAS 2021
NESTAS DATAS RECOMENDAMOS, TAMÉN, SEGUIRLLE A PISTA A ESTE MARABILLOSO MÚSICO QUE É
MAGÍN BLANCO
Tamén incluímos o enlace para imprimir e colorear o abecedario
LETRAS GALEGAS 2021
SEGUIMOS COAS ACTIVIDADES AGORA DANDO AS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POR PARTICIPAR NA ACTIVIDADE "O MEU LIBRO FAVORITO"
LETRAS GALEGAS 2021
viernes, 26 de marzo de 2021
jueves, 25 de marzo de 2021
PREPARATIVOS PARA O TEATRO
Hoxe a aula dos PINGÜÍNS levará a cabo a dramatización e posta en escea dunha OBRA DE TEATRO relacionada co proxecto que estamos desenvolvendo na aula.
Dende aquí reivindicamos todos os aspectos positivos desta actividade, entre outros: expresión corporal, expresión xestual, oral, dramatización, vencer ese medo e timidez,... así como todos os detalles da preparación (os ensaios, a decoración dos materiais e escenario, a lectoescritura elaborando a invitación ao noso público asistente,...), e a ILUSIÓN co que este alumnado fai as cousas!
jueves, 18 de marzo de 2021
ANIVERSARIO DE MATEO
Hoxe é o aniversario de MATEO polo que, na nosa aula, ademáis de cantarlle, tamén lle escribimos entre todos unha fermosa postal, como é tradición. E a través do noso xogo simbólico, sopramos as velas!
Tanto MATEO hoxe, como estes días pasados NORA, agasallaron aos compañeiros/as da clase cuns fermosos contos polos seus cumpreanos. Moitas grazas a ambos polo detalle!!